A MARIÑA .- A mancomunidade de municipios de A Mariña aprobou un presuposto de 50.000 euros para este ano e decidiron cambiar a sede da entidade de Foz para Barreiros, nun pleno celebrado en... Ler máis
O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez, publicou un bando con medidas preventivas para as “populares Foguiras de San Xoan e San Pedro”. Ler máis
NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA O GMPP ve a Cando “incoherente” coa escola infantil. González Barcia mantén unha conversa en Santiago con López Abella. Os populares lembran que o BNG sempre... Ler máis
Esta fin de Semana celebrase en Figueirido, Cervo, a romaría de San Luís na que actuaran “dúas das orquestras máis importantes de Galicia” como son SUAVECITO e GALILEA, ademais... Ler máis
BURELA .- A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Neves Cando, asegura que “é mentira que onte estivese ningún técnico da Xunta na nosa galescola para verificar o estado das instalació... Ler máis
SAN CIBRAO .- Un grupo de persoas da asociación de amas de casa Alborada de San Cibrao, no Concello de Cervo, participa no programa km0 da Deputación e visitan, este martes, o conxunto etnog... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG DENUNCIA A INEXISTENCIA DE ACTUACIÓNS DIRIXIDAS A PREVIR OS INCENDIOS FORESTAIS NO CONCELLO DE CERVO As limpezas perimetrais de vivendas e empresas executadas nas primav... Ler máis
RIBADEO .- A explanada da cooperativa Os Irmandiños e as estradas de acceso a Ribadeo son os puntos de partida fixados para a tractorada convocada polo SLG, para o mércores, en Ribadeo, co f... Ler máis
O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Cervo vén de informa que se pode solicitar a autorización oportuna para prender o seu lume, e recorda que a autorización das fogue... Ler máis
Nota de Prtensa O GMPP quere saber quenes son os responsables do acto de homenaxe ós náufragos. Os populares sospeitan que tampouco foi invitado o sector mariñeiro. Levarán este asunto ó ple... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Benestar Social e Igualdade de Burela, da que é responsable a nacionalista Neves Cando, ven de reclamarlle á xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igua... Ler máis
A sala de exposición do Centro Cultura e de Servizos á Cidadanía de Cervo acolle, a partir de martes, a exposición colectiva de gravados “Incisións”. Poderá visitarse de 11 a 14... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo contratará a sete socorristas e doce traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida “grazas ao programa de cooperación coas entidades locais... Ler máis
NOTA DE PRENSA O deputados autonómicos populares queren que a Xunta pregunte ao Goberno central como é posible que, prevendo os informes técnicos a inestabilidade xeolóxica da zona o Ministe... Ler máis
O alcalde de Burela pide desculpas polas molestias que lles poidan ocasionar ós veciños as obras que se inician estes días na rúa Zeppelin “que vai sufrir un cambio radical”. O rexedor tamén... Ler máis
As asociación de Amas de Casa de Ribadeo, a asociación de veciños Atalaia de Ribadeo e a asociación O Cantal de Rinlo organizan a actividade Ven de paseo! para o día 16 ás cinco da tarde. Pa... Ler máis
NOTA DE PRENSA O Grupo Municipal Socialista insta ao alcalde a que denuncie o robo da placa da piscina se realmente está “desaparecida” O PSOE reta ao alcalde a que diga qué artículo do regu... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, aproveitará o encontro con secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, para mostrarlle un terreo, en San Cibrao, de titularida... Ler máis
LUGO .- O pintor de Xove, Xoán Guerreiro, mostra no Museo Provincial de Lugo a exposición “Aluguer de Soños” que permanecerá aberta ata o 16 de agosto. Inaugurou o mostra o delegado da Área... Ler máis
RIBADEO .- Ribadeo conta cunha comisión organizadora das festas patronais de 2009. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “no día de onte tivemos unha nova xuntanza aberta a todas aquelas p... Ler máis
O PP pide que o Parlamento galego investigue a prorroga do contrato á redactora do PXOU de Mondoñedo
NOTA DE PRENSA Os actuais xestores do Concello de Mondoñedo pretenden sufragar con fondos procedentes dunha subvención autonómica un contrato subscrito a favor dunha empresa privada polo Gob... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, quéixase da merma que sofriron as axudas concedidas pola Xunta a través dos plans de cooperación local. O rexedor asegura que “nós este an... Ler máis
LUGO .- O martes, día 16 de xuño, ás 12 da mañá, no INLUDES, celebrase unha mesa sectorial que analizará e debatirá o sector do comercio, na provincia de Lugo co fin de “prepara un Pla... Ler máis
BURELA .-O IES Perdouro de Burela comunica que o vindeiro mércores 17 de xuño se fallaranse os premios dos da primeira edición dos “Encontros de Banda deseñada na Mariña” se leva... Ler máis
NOTA DE PRENSA O Presidente da Xunta de Galicia anunciou no día de onte que destinará 30 millóns de euros en convenios cos concellos para que este colectivo poida acceder un posto de traball... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O salón de actos do IES Gamallo Fierros acollerá mañá venres 12 de xuño ás 10:00 horas a presentación pública dos traballos elaborados nas xornadas A mocidade a debate e vai... Ler máis
O venres día 12, ás 8 da tarde, os músicos Mini e Mero abren o ciclo dedicado á Literatura oral, organizado pola asociación Mariña Patrimonio. O acto será no salón de actos do Conservatorio... Ler máis
MONDOÑEDO .- A Plataforma Furapresas organiza unha marcha para “defender o patrimonio cultural, turístico e ambiental de Mondoñedo contra a desfeita das minicentrais”. Será o dom... Ler máis



















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



