A asociación cultural Amado Lar de O Valadouro, dentro das actividades previstas para a celebración da Festas do Oito, está a organizar unha exhibición de Batuka para o domingo día 5 de sete... Ler máis
Cincuenta e catro veciños de Foz viaxan a Andalucía, onde gozaron da paisaxe e do ambiente con moita intensidade e moi boa temperatura. Foto de recordo na Torre de Oro de Sevilla. Ler máis
O vindeiro sábado 4 de setembro, inaugurarase no CENIMA de Foz, a partir das 7 da tarde, a exposición “OLGAS” de Alberto Pena Rey. A mostra está composta por unha serie de pintur... Ler máis
A confraría de Semana Santa de Burela organiza unha excursión a Córdoba e Granada para os días 23 e 26 de setembro. Hai dispoñibles 55 prazas. Hai que inscribirse ate o 20 de setembro en... Ler máis
Luns 30 de agosto ás 21:45 horas introdución ó teatro, Manuel Lourenzo. Acto seguido, Raiolas representa “O Gran Raiolo” unha obra de Pepe Peinó. Martes 31, ás 22:00 horas, o gru... Ler máis
Nun ambiente divertido e ameno discorreu a xornada do sábado para estes 20 amantes da natureza. O recorrido, o máis largo que se pode elixir, 19 quilómetros, realizárono integramente todos o... Ler máis
O martes 31 de agosto concluirán as actividades organizadas por Gaia durante o verán. Esa xornada celebrarase un día de convivencia cunha ruta a pé ata o merendeiro do Cantiño polo paseo mar... Ler máis
A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, recibiu a: Daria, nena rusa de 12 anos. Participa nun programa organizado pola ONG “Galicia cativa” para acoller nenos e nenas da z... Ler máis
O sábado 28 honra da Virxe do Carme. Pola mañá.- Pasarrúas a cargo da BANDA TAU de Viveiro, ás 13:00 horas.- Misa; ás 4:00 horas.- Sesión Vermú , ás 22:00 horas.- Verbena coas Orquestas PONT... Ler máis
O venres, 27 de agosto, continúa o amplo Programa de Actividades que o noso Concello organiza ou patrocina dentro das Festa Patronais 2010. Cronoloxicamente, o desenvolvemento do Programa d... Ler máis
Os máis novos puideron divertirse coas actuacións de teatro Babaluva, dos inchables Diverneno e o co mago Dani García no “Día do neno” celebrado dentro do programa das festas do... Ler máis
Máis de 40 nenos participaron na festa da espuma celebrada en Ferreira do Valadouro Ler máis
O 28 de agosto Burela celebra a Festa do Marisco organizada polo grupo “El Progeso” e patrocinada por numerosas organizacións e administracións públicas. Celebrarase na antiga lo... Ler máis
Celebrouse a Feira de Gando de San Bartolo en San Isidoro de Monte. Durante a mañá, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro realizou un percorrido polas distintas partes da mesma acompañado por... Ler máis
A Asociación deportiva de sendeirismo “Pasada das Cabras” de Burela organiza unha ruta nocturna a San Cibrao para o día 28 de agosto. Ao chegar a San Cibrao haberá unha chocolata... Ler máis
Co gallo da celebración os proximos 24 e 25 de agosto das festas en honra a San Bartolo de Espasande de Abaixo, en Riotorto a asociación cultural Arrincadeira organiza unha esposición fotogr... Ler máis
A Asociación de Veciños de Santa Cruz do Valadouro, en cada época do ano celebra una comida para os veciños e amigos da parroquia, nesta ocasión tocou a churrascada na cal comeron, debaixo d... Ler máis
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou na malla que se celebrou en San Acisclo, en Foz, con motivo da Festa da Malla.. Gómez Besteiro foi o pregoeiro da celebració... Ler máis
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en San Cibrao o martes 24 de agosto, frete ao banco Pastor De 11.00 ás 14.00 e 17.00 ás 21.00 horas. Este Verán Salva Vidas. Compar... Ler máis
Dende o día 18 de agosto e ata o sábado 28, poderán disfrutar no CENIMA de Foz da exposición “Isto é Foz”, unha mostra de 82 acuarelas obra da artista toledana Isabel Fernández, que reflexan... Ler máis
O Concello de Ribadeo contrata un administrativo de apoio para as oficinas municipais. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de seis meses, sen prexuízo das prórro... Ler máis
Todo está listo en Burela para a celebración o vindeiro sábado 21 de agosto do día da bicicleta que organiza a Delegación de Deportes. A saída será ás 12 da praza do Concello para seguir po... Ler máis
Por terceiro ano a Concellería de Cultura de Xove organiza o Torneo de bolos San Bartolo na bolera do campo municipal de fútbol de Xove o sábado 21 de agosto a partires das 4 da tarde. A e... Ler máis
A Praza de Santa María en Ferreira do Valadouro é o escenario deste programa que trae a concurrida praza desta vila xogos para que os nenos e os pais teñan diversión a dous pasos. Despois da... Ler máis
Os días 20 e 21 de agosto celebrarase na Pontenova o IV festival das minas con actuacións de grupos como Darbuka (folk), Forraje (rock), Ruxe-Ruxe (folk-rock) e Mu2 (rock) ademais de algunha... Ler máis
No Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, pode contemplarse a exposición “En torno a Maruja Mallo” con obra dos artistas Pablo Libio, Pablo Bellas, Edu Albo, David... Ler máis
A praza do Souto de Cervo acollerá mañá a partires das 23.00 horas o concerto ao aire libre do grupo folk “Tiruleque”. A actuación -encadrada dentro do programa das festas patronais de Cervo... Ler máis
Nenos e nenas que participan nas actividades de verán de Gaia en Burela. O venres 13 de agosto un operario de xardinería do Concello explicoulles a importancia de conservar os parques coidad... Ler máis
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda do ente provincial, Lara Méndez, desprazáronse a San Cibrao para participar nos actos de celebración da fest... Ler máis
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



