Ana Miranda e Nino Fernández mantiveron un encontro informativo na Fonsagrada para analizar as consecuencias negativas do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur A Fonsagrada, 11 de Abril... Ler máis
Ana Miranda: “Seguiremos loitando para que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca” Celeiro, 22 de novembro de 2024. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asistiu hoxe a XXV... Ler máis
Ribadeo, 12 de xuño, 2024. Tralas eleccións europeas celebradas o pasado domingo, o BNG de Ribadeo fai valoración dos resultados obtidos. “Nestas eleccións europeas conseguimos que Gal... Ler máis
A Mariña, martes 11 de xuño de 2024. O BNG mariñao fixo valoración dos resultados obtidos este pasado domingo que nivel galego son os mellores en 20 anos nunhas eleccións europeas, verificán... Ler máis
Foz, 4 de xuño, 2024. Cargos orgánicos e institucionais do BNG estiveron hoxe no mercado semanal de Foz, donde informaron das propostas nacionalistas de cara as vindeiras eleccións ao Parlam... Ler máis
Miranda: “Precisamos unha reforma da Política Pesqueira Común para que se adapte e responda aos intereses da frota galega” Santiago de Compostela, 3 xuño 2024. A portavoz nacional, Ana Pontó... Ler máis
Na Fonsagrada o deputado nacionalista defendeu a necesidade de que Galiza estea representada na Unión Europea para que se escoite a voz da gandaría e a agricultura A Fonsagrada, 31 de maio 2... Ler máis
Miranda: “Isto é o que necesita o noso rural e non a destrución de ALTRI” Santiago de Compostela, 28 maio 2024. A portavoz nacional, Ana Pontón, e a candidata ás eleccións europeas, Ana Mira... Ler máis
O BNG está en Palas en defensa da dignidade do País, o PP en Madrid cos sectores máis ultras, denuncia Pontón, que critica a equidistancia do PSOE Santiago de Compostela, 26 Maio 2024. A por... Ler máis
En Viveiro, a líder do BNG defende declarar Galiza zona altamente dependente da pesca e que teña “voz e voto” no Consello de Pesca Santiago de Compostela, 26 Maio 2024. A portavoz nacional,... Ler máis
O Bloque realizou na praza das mulleres un acto público onde contou coas intervencións de Mar Pérez, nº3 na candidatura as eleccións europeas, Montse Valcárcel, deputada no Parlamento Galego... Ler máis
O domingo 26 de maio a portavoz nacional Ana Pontón estará no acto central do BNG no Pastor Díaz en Viveiro A Mariña, venres 24 de maio. O BNG vén de avanzar hoxe en Viveiro as medidas máis... Ler máis
A eurodeputada do Bloque visitou unha explotación agrogandeira “exemplo de prácticas sostibles” Pol, 14 de maio de 2024. A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda,... Ler máis
A eurodeputada do Bloque participou nas xornadas “Por un agro galego con futuro” Mondoñedo, 4 de maio de 2024. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou hoxe que o agro galego ten que ter... Ler máis
O goberno alternativo do BNG propón un fondo extraordinario de 21 M€ para axudas mentres non se recupera a actividade marisqueira Santiago de Compostela, 3 maio 2024. A portavoz nacional, An... Ler máis
A producción alimentaria sostible e saudable e a importancia das ganderías familiares son a referencia do programa elaborado polo BNG Mondoñedo, 29 de abril 2024. O BNG presentou esta tarde... Ler máis
A eurodeputada Ana Miranda e a deputada no Parlamento e representante na comisión de pesca Rosana Pérez asistirán á concentración, xunto co deputado mariñao Daniel Castro e Daniel García, de... Ler máis
O BNG intensifica os actos e contactos coa veciñanza neste ecuador de campaña A Mariña, sábado 20 de maio 2023. O BNG continúa intensificando os actos e contactos cos veciños e veciñas da Ma... Ler máis
“É un asunto de País frear un veto á pesca de fondo que nin ten en conta o impacto socioeconómico nin se sustenta en informes científicos”, alega Santiago de Compostela, 21 setembro 2022. A... Ler máis
Santiago de Compostela, 8 de Xullo 2021. O BNG vai facer todo o posible para frear o actual boom eólico depredador a favor do lobby eléctrico, e mudar cara un modelo eólico deseñado a favor... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



