Este domingo 16 de novembro terá lugar a quinta etapa do “Camiño Gastronómico do Mar 2025”, que está percorrendo os 15 concellos do norte de Galicia durante 7 fins de semana A Mariña, 14 de... Ler máis
No Salón dos Alcaldes tivo lugar a recepción aos participantes ofrecida polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Turismo, Marta Saiz, e por Manuel Vicente e Sergio López, das entidades o... Ler máis
Burela, 15 de outubro, 2025. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron unha nova ed... Ler máis
Este pasado domingo 24 de novembro tivo lugar a sétima e última etapa da quinta edición do “Camiño Gastronómico do Mar”, que recorreu os 15 concellos do norte de Galicia durante 7 fins de se... Ler máis
Ribadeo, 13 de outubro de 2024. Esta mañá partiu de Ribadeo o V Camiño Gastronómico do Mar, que durante sete fins de semanas percorrerá o treito ata Neda. Xunto aos organizadores e participa... Ler máis
Burela, 11 de outubro, 2024. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, presentaron este venres... Ler máis
Indicouno na presentación da 5ª campaña “Camiño Gastronómico do Mar” Burela, 11 de outubro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca o labor das Organizacións de Produtores Pe... Ler máis
Burela, 20 de setembro, 2024. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela organizan durante os me... Ler máis
Os concelleiros Ramiro Fernández Rey e Lina Gómez Pardo visitaron con eles a capela de Vila do Medio, e a continuación tivo lugar unha comida con dúas recetas de peixe de Burela Burela, 23 d... Ler máis
Burela, 7 de outubro, 2023. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, presentaron este sábado... Ler máis
Burela, 10 de decembro, 2022. Onte celebrouse o sorteo do premio especial “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organizou a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Co... Ler máis
O edil de Protección Civil e de Zona Rural, Alfredo Fernández, achegouse ata o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos para desexarlles bo camiño aos/ás participantes e cuñou co selo do C... Ler máis
Burela, 21 de novembro, 2022. O vindeiro domingo 27 de novembro celebrarase a terceira das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Pe... Ler máis
Este domingo 13 de novembro celebrarase a primeira das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela... Ler máis
Esta iniciativa gastronómica manterá o doble obxectivo co que se lanzou hai xa tres anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar” A Asociación Amigos do Camiño do Mar Per... Ler máis
Burela, 23 de outubro, 2021. Desde este venres estase a celebrar a primeira etapa do “Camiño Gastronómico do Mar”, unha serie de xornadas gastronómicas que percorrerán durante oito fins de s... Ler máis

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



