Participaron unha trintena de persoas e levouse a cabo coa colaboración de Pinturas Tor. Durante sete horas ofreceuse formación e demostracións das últimas novidades en produtos, maquinarias... Ler máis
Ribadeo, 29 de xuño de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, recupera o ciclo de Carrozaría para o vindeiro curso. O director do centro, Isidro... Ler máis
Ribadeo, 27 de xuño de 2022. O Departamento de Edificación e Obra Civil do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta dá Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas... Ler máis
Ribadeo, 24 de xuño de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga de Ribadeo, conta coa colaboración de 12 empresas da Mariña lucense e do Occidente asturiano par... Ler máis
Ribadeo, 16 de xuño de 2022. Toda a oferta de Formación Profesional dos nove centros de A Mariña que imparten este ensino darase a coñecer nunha xornada que se celebrará no Cine Teatro de Ri... Ler máis
Ribadeo, 2 de xuño de 2022. Un proxecto presentado polo departamento de Electricidade do Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, é o único da provincia de Lugo d... Ler máis
Ribadeo, 8 de abril de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle hoxe, venres, un curso de barnizado e lacado para o alumnado do Ciclo de Obr... Ler máis
Ribadeo, 8 de marzo de 2022. Ata o 12 de marzo pódese visitar na rúa Rodríguez Murias a exposición fotográfica A educación: a porta para o cambio social. A mostra, inaugurada esta tarde, foi... Ler máis
Foz, 7 de marzo de 2022. Catorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra... Ler máis
Ribadeo, 22 de febreiro de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha actividade formativa sobre a instalación de cartón xeso para o alum... Ler máis
Ribadeo, 9 de febreiro 2022. A concelleira coordinadora de Educación e Igualdade do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, destaca a importancia da formación en igualdade e, po... Ler máis
Ribadeo, 21 de decembro de 2021. Nas zonas verdes do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, realizouse unha actividade de corta e poda de árbores coa col... Ler máis
Ribadeo, 26 de xullo de 2021. O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, oferta prazas no Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, que ten un unha gr... Ler máis
Ribadeo, 7 de xullo de 2021. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, oferta as últimas prazas que hai dispoñibles para o curso de fabricación e mantemen... Ler máis
Ribadeo, 7 de novembro de 2018. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece un viveiro de empresas con oficinas totalmente equipadas e asesoramento,... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



