O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Vilalba o centro Forma-T, que o ano pasado impartiu seis cursos nos que 83 persoas desempregadas melloraron a súa capacitación nos ámbitos da... Ler máis
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da asociación... Ler máis
Lugo, 12 de febreiro de 2025. A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no concello de Vilalba. O inmoble está situado na rúa da Roxeira, ten unha superficie... Ler máis
Foz, 6 de febreiro de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou esta tarde en Foz, nun acto marcado pola emoción e o entusiasmo, a campaña de comunicación interna A Mari... Ler máis
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación do cartel da 18ª edición, que se celebrará os días 25 e 26 de abril no Campo da Feira da localidade Lugo, 4 de febreiro de 2025. A Delega... Ler máis
Madrid, 22 de xaneiro de 2025. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación dunha nova edición da colección de guías turístico-gastronómicas “… E para... Ler máis
Hoxe abre o prazo de solicitude das achegas da quinta edición deste programa, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros Lugo, 17 de xaneiro de 2025. A Xunta abre hoxe o prazo para que... Ler máis
Lugo, 16 de xaneiro de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asegura que a alcaldesa de Viveiro “falta á verdade” e “tenta responsabilizar á Xunta da súa propia inoper... Ler máis
Ribadeo, 11 de xaneiro de 2025. Centos de persoas asistiron esta noite en Ribadeo á XIV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para... Ler máis
Lugo, 27 de decembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co coordinador da Moexmu e da Feira da Filloa de Muimenta, José Manuel Rus, a quen lle reit... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, enmarca a actuación “no forte impulso que lle está a dar o Goberno galego á modernización dos centros educativos da provincia” Lugo, 20 de dece... Ler máis
Ribadeo, 17 de decembro de 2024. Hoxe quedou constituída en Ribadeo a comisión de seguimento da Área Rexurbe. Asistiron ao acto, entre outros, o alcalde, Dani Vega, e o delegado territorial... Ler máis
Mondoñedo foi o primeiro concello galego no que se declarou unha área Rexurbe hai tres anos, e xa deu froitos como a rehabilitación dun edificio convertido en casa de maiores. Ademais, a Xun... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega de diplomas ás persoas participantes, que recibiron formación sobre xardinería e actividades de conservación e mellora de... Ler máis
O músico coruñés participou na presentación da actuación hoxe na Delegación Territorial xunto co delegado, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Lugo, 13 de decembro de 2024.... Ler máis
O novo programa impartirá as mesmas especialidades e incorporará unha terceira relacionada co control de pragas Ribeira de Piquín, 9 de decembro de 2024. A Xunta clausurou hoxe o obradoiro d... Ler máis
Representantes do PP vilalbés mantiveron unha reunión coa asociación de criadores na que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Vilalba, 6 de decembro de 2024. O PP... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinala que en ningún caso se dubida do arraigo e importancia do evento, senón que o expediente arquívase por desistencia do promotor ao non ache... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se executou un novo pavimento de cemento desactivado, máis resistente e acorde coa contorna Mondoñedo, 29 de novembro de 2024. A Xu... Ler máis
Na iniciativa participaron arredor de 500 rapaces e rapazas de secundaria de oito institutos da Mariña. Arias destacou a posibilidade que supuxo para o alumnado poder achegarse a esta modali... Ler máis
Hoxe entregou os diplomas aos 20 últimos participantes e en decembro contratarán a outros tantos alumnos traballadores para aprender a especialidade, sumando un investimento de 949.000 euros... Ler máis
O Goberno galego destinou 551.000 euros a financiar o taller, que alternou a formación teórica e a práctica laboral nas especialidades de atención sociosanitaria e traballos de carpintería e... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos Cospeito, 14 de novembro de 2024. A... Ler máis
Mondoñedo, 8 de novembro de 2024. A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do Breason que se celebra o 9 de novembro en Mondoñedo. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo... Ler máis
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da primeira edición da proba, na que se espera a participación dunha corentena de xinetes de toda Galicia, así como de Asturias e Castela... Ler máis
A Pastoriza, 6 de novembro de 2024. A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro situada no lugar da Igrexa, no concello da Pastoriza. O inmoble ten unha superfi... Ler máis
Cada persoa ten dereito a un bono, que poderá usar ata o esgotamento do crédito de 2,5 millóns de euros asignado ao programa Lugo, 5 de novembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en L... Ler máis
Estes programas mellorarán as oportunidades laborais de 40 persoas desempregadas dos dous concellos Vilalba, 4 de novembro de 2024. A Xunta inviste algo máis de 1 millón de euros para impuls... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



