Edu Albo
VIVEIRO .- O complexo cultural RegalXunqueira acolle a exposición “En torno a Maruja Mallo” con obras de Pablo Libio, Pablo Bellas, Edu Albo, David Catá, Mary Boix e Otero Regal.... Ler máis
VIVEIRO .- O complexo cultural RegalXunqueira acolle a exposición “En torno a Maruja Mallo” con obras de Pablo Libio, Pablo Bellas, Edu Albo, David Catá, Mary Boix e Otero Regal.... Ler máis
A celebración consistiu na interpretación de varias panxoliñas por parte das voces e dos violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove, na praza do Concello, fronte á gran árbore. Os músicos estiveron dirixidos por Xulia Nogueria, mestra da Escola Municipal de Música de Xove. Así mesmo, tamén quedou aberto ó público o Belén Xigante localizado no parque do Concello.
Nesta ocasión, a data elixida para desenvolver a actividade é o sábado 7 de decembro, ás 12:00 horas, na Casa do Concello; e ás 17:00 horas, na Casa da Cultura. Os Beléns de plastilina permanecerán expostos ao público durante todo o Nadal.
A Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte organiza o VII Alumeado do Nadal de Vilaronte (Foz) que será o domingo 8 de decembro a partir das 19:30h no Atrio da Igrexa. Ademas do acendido haberá chocolate e caldo de pito e contarase coa actuación de Mar Aberto de Foz.
Trátase dunha embarcación de dúas prazas, con materiais e deseño punteiro que, segundo explicou o presidente do club Jesús Carreira, mellora as condicións nas que adestran e compite a entidade xa que, recoñeceu, a igualdade de condicións físicas e técnicas dos e das deportistas, a calidade das embarcacións é moi determinante nas competicións de remo.
Será con Tarabela Creativa e a súa obra Vaites, Rapariga!!. A cita é na Casa da Cultura ás 19:00 horas.
O sábado 7 de decembro terá lugar unha ruta en Rinlo, no concello de Ribadeo. Un paseo litoral moi interesante que conecta as tres cetarias que serviron para almacenar o marisco deste pobo mariñeiro. O domingo día 8 será un paseo polo casco histórico do concello de Viveiro. Pero ademais visitarase 'Viveiro ante o berce', o belén a tamaño natural máis grande da nosa comunidade que conta con numerosos oficios e nunha ubicación privilexiada. Para máis información e reservas poden facelo a través do teléfono 654 99 68 57.
Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xogar co efecto sorpresa son as claves deste espectáculo. Catro son os elementos que definen este concerto didáctico e familiar que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que a senda da creación continúe a medrar. A cita é ás 18 horas. Prezo da entrada: 2€
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital