Lugo, 24 de maio de 2021. O portavoz provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, anunciou esta mañá que “o grupo provincial popular solicitará no pleno que celebrará mañá a Deputación... Ler máis
Lugo, 20 de maio de 2021. De maneira inexplicable, o goberno provincial demostrou ata agora unha total falta de sensibilidade para asumir os compromisos establecidos pola extinta sociedade S... Ler máis
Lugo, 19 de maio de 2021. Un goberno que perde cartos de aportación externa por non facer ben o seu traballo, é un goberno prexudicial para a comunidade. Isto é o que ocorre en Foz, onde, se... Ler máis
Lugo, 18 de maio de 2021. O goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, está empeñado en usar os cartos deste organismo máis para a súa promoción política que para impulsar a... Ler máis
Foz, 10 de maio de 2021. É mala para Foz a probada incapacidade do goberno local, presidido polo socialista Fran Cajoto, para resolver os problemas do municipio. Pero é tan mala para o bo fu... Ler máis
Foz, 7 de maio de 2021. A sesión plenaria celebrada pola corporación de Foz na tarde do xoves, presidida polo socialista Fran Cajoto, puxo de novo de manifesto a incoherencia de socialistas... Ler máis
Lugo, 6 de maio de 2021. O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, sospeita que o goberno da Deputación puido facer uso novamente “do seu favoritismo” para cubrir... Ler máis
Lugo, 04 de maio de 2021. O PP acaba de recibir a confirmación de que a Valedora do Pobo acepta a trámite a queixa que presentou en relación co Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lu... Ler máis
Lugo, 30 de abril de 2021. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, non dubida en usar como recurso político cando lle interesa o combate contra o despoboamento de amplas z... Ler máis
Lugo, a 30 de abril de 2021. Ao principio de cada mandato municipal celébrase unha sesión plenaria da corporación que se acaba de constituír para decidir, entre outras cuestións, o réxime de... Ler máis
Lugo, 27 de abril de 2021. Os deputados do PP abandonaron esta mañá a sesión plenaria da Deputación diante da actitude mantida polos corporativos socialistas e nacionalistas no debate da moc... Ler máis
Lugo, 22 de abril de 2021. O PP ve con absoluta claridade que o que o goberno da Deputación denomina como Plan de Impulso da Economía da Provincia só é fume, porque non é máis que un envolto... Ler máis
Lugo, 21 de abril de 2021. O PP cualificou no seu momento o chamado Plan de Impulso da Economía da Provincia como plan fantasma. Convencidos de que é así, segundo sinala o portavoz popular,... Ler máis
Foz, 20 de abril de 2021. Un dos mellores indicadores da calidade dos gobernos é a súa capacidade para conformar, debater e aprobar en tempo e forma os orzamentos municipais. Seguindo este c... Ler máis
Lugo, 25, outubro, 2019. O pasado día 24 de setembro, o presidente da Deputación, José Tomé, e os outros membros do grupo socialista rexeitaron a moción presentada polo PP en defensa de Alc... Ler máis


















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



