Viveiro, 5 de xuño de 2025. Unhas cincocentas persoas acudiron á chamada da Plataforma Sanitaria da Mariña para concentrarse diante do Centro de Saúde de Viveiro en demanda dacobertura de to... Ler máis
Será o xoves 5 de xuño ás 11:30h diante do Centro de Saúde A Mariña 2 de xuño de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca novamente unha concentración en Viveiro para demandar a cobert... Ler máis
“Plataforma Sanitaria e veciñanza desmontan as mentiras do PP” Viveiro, 15 de maio de 2025. Numerosísimas persoas acudiron hoxe ao Centro de Saúde de Viveiro para mobilizarse... Ler máis
“Pola resurrección da nosa sanidade” é o lema da mobilización que centra as reivindicacións na alarmante situación tanto do hospital coma da atención primaria na Mariña Viveiro,19 de febrero... Ler máis
Viveiro, 19 de novembro, 2023. A Plataforma Sanitaria da Mariña e Concello de Viveiro convocaron este domingo unha concentración diante do centro de saúde para reclarmar solucións á situació... Ler máis
As infraestruturas, indispensables para o desenvolvemento da comarca, son unha prioridade para as nacionalistas A Mariña, 1 de xullo, 2023. O BNG vén de presentar aos integrantes mariñaos da... Ler máis
A concentración promovida por SOS Sanidade Pública será simultánea en todo o país A Mariña 20 de abril de 2023. A Plataforma sanitaria da Mariña convoca unha concentración diante do centro d... Ler máis


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



