Elena Candia acompañada pola candidatura ás autonómicas, senadores, deputados e o grupo municipal popular asumiu dende Guntín “o compromiso de que na nosa axenda estean certezas e os asuntos... Ler máis
Os deputados populares trasladarán esta proposta ao Congreso co obxectivo de apoiar un proxecto que será unha oportunidade significativa para o desenvolvemento económico e a innovación indus... Ler máis
Así o acordaron os representantes en Madrid cos alcaldes e voceiros da comarca na 1ª das reunións de traballo que levarán a cabo na provincia para identificar novas necesidades e trasladar a... Ler máis
O monfortino estrearase mañá no Pleno do Congreso cun tema de grande interese para a provincia como é se o Goberno está disposto a manter os compromisos asumidos para garantir que Altri se a... Ler máis
Conde, Olano e Abades acordan, como primeira medida, incorporar ao seu cronograma de actuacións as propostas da Federación de Veciños, co fin de “seguir sendo o altavoz” dos lucenses e de qu... Ler máis
Alertan de que o incumprimento de renovación da frota de ancho métrico implicará un retraso de entre dous e tres anos na incorporación dos novos trens respecto das datas inicialmente comprom... Ler máis
Por iniciativa da deputada Rosa Quintana, os representantes galegos na Cámara Baixa exercen o seu dereito de acceso e solicitude de información Madrid, 17 de outubro de 2023. Os deputados do... Ler máis
A través da iniciativa parlamentaria rexistrada, demandan explicacións sobre os motivos que provocan que este colectivo leve sen cobrar as súas nóminas dende o verán e, en consecuencia, en f... Ler máis
Francisco Conde asegurou durante unha rolda de prensa na que participaron a presidenta provincial, deputados e senadores, que “o presidente Feijóo encabeza un proxecto político alternativo p... Ler máis
O popular lembrou unha das medidas do programa electoral do PP como a tarifa 0 a autónomos durante o primeiro ano de actividade, que se unen a outros apoios administrativos e de financiament... Ler máis
O candidato popular avogou por “apoiarnos no sector forestal para favorecer unha xestión ordenada e sostible, impulsar a recuperación do territorio afectado polos incendios e abrir novos mer... Ler máis
De cara ao desenvolvemento do rural, o PP propón “achegar os servizos públicos en igualdade de condicións, impulsar medidas para favorecer o financiamento e a fiscalidade, unha maior concili... Ler máis
Francisco Conde: “O 23 de xullo é unha oportunidade histórica para empezar un novo ciclo, impulsar o cambio, rexeitar os bloqueos e os extremos e que por fin Lugo teña as respostas que preci... Ler máis
O programa electoral do PP recolle a necesidade de dotar de novas prazas financiadas con fondos públicos e intensificar os programas para o uso dos centros educativos más alá do horario esco... Ler máis
Os populares apostan por facilitar a transferencia de coñecemento ás empresas, desenvolver a carreira profesional do investigador, atraer o talento internacional e o retorno do español Lugo,... Ler máis
O candidato popular ao Congreso por Lugo Jaime de Olano sinala que cando se trata de infraestruturas o PSOE non é crible despois de tantos incumprimentos como acumula coa provincia Lugo, 7 d... Ler máis
Estímase que os catro grandes proxectos empresariais que se prevén instalar en Palas de Rei xeren preto de 3.000 empregos entre directos e indirectos Palas de Rei, 29 de xuño de 2023. O núme... Ler máis
Lembra o avance na educación e a formación, garantindo a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos e devolvendo aos pais o control sobre os contidos de Internet aos que acceden os nenos... Ler máis
O candidato indicou que a Xunta de Galicia, fronte á falta de apoio do Goberno aos gandeiros, vén aplicando axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as d... Ler máis
O cabeza de lista á Cámara Baixa pola provincia contrapón o modelo do PP co dun Pedro Sánchez que castigou a Lugo en forma de “desplantes” e “compromisos adquiridos que nunca viron a luz” Lu... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



