CERVO .- A concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego, anunciou que o sábado, día 29, celebrarase en San Cibrao un intercambio cultural entre as comunidades caboverdianas de Bembibre, Burela e Cervo. O encontro conta con un amplo programa con percorrido turístico por San Ciprián, xantar de confraternidade, un partido de fútbol que enfrontará a membros das diversas comunidades e, para rematar, unha cena baile no Club social de Rio Cobo
NOTA DE PRENSA
A cita terá lugar o sábado 29 de agosto e iniciarase coa recepción a primeira hora da mañá dun autocar procedente da localidade Bembibre (León)
SAN CIPRIAN ESCOLLIDO COMO LUGAR DE ENCONTRO E INTERCAMBIO CULTURAL ENTRE AS COMUNIDADES NATIVAS DE CABO VERDE DE BEMBIBRE, BURELA Y CERVO
* Está prevista a chegada de medio centenar de persoas que participarán nun completo programa de actividades que contempla: percorrido turístico por San Ciprián, xantar de confraternidade, un partido de fútbol que enfrontará a membros das diversas comunidades e, para rematar unha cena baile no Club social de Rio Cobo.
Cervo a 26 de agosto de 2009.- A concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego, vén de amosar a súa satisfacción despois de coñecerse que a localidade de San Ciprián foi escollida como lugar para o encontro e intercambio cultural entre as comunidades caboverdianas de Bembibre, Burela e Cervo. A asociación cultural Amilcar Cabral convocou a preto de medio centenar de nativos deste país africano que se reunirán no noso municipio para compartir unha xornada repleta de múltiples actividades.
A comunidade caboverdiana desenvolverá desde primeiras horas da mañá un percorrido turístico pola localidade de San Ciprián, con especial atención as súas praias, seguido dun xantar de confraternización. Pola tarde terá lugar un partido de fútbol que enfrontará a membros das respectivas comunidades e, finalmente na noitiña, os actos finalizarán cunha cea-baile tradicional no Club Social de Rio Cobo.
O Concello de Cervo como anfitrión deste encontro colabora con esta actividade e agradece o xesto do colectivo caboverdiano que sempre se ten caracterizada polo seu dinamismo e riqueza cultural e pola plena integración entre os veciños do municipio.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



