O vindeiro sábado 27 de Marzo celebrarase na vila de Foz o "III Curso de Nihon Taijitsu Concello de Foz", será impartido por José Manuel Navarro 5º Dan de Nihon Taijitsu / Nihon Jujutsu pola FMNITAI e Experto en Defensa Policial (FMNITAI), ademais de outros títulos. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
Reunión anual de primavera de "Os Aventados"
O próximo sábado 27 de marzo "Os Aventados" celebrarán a reunión de primavera en San Cibrao. Nela farán a presentación do libro guía do viaxeiro "Desde Viveiro por Britonia" e entregarán os premios "Árdelle o Eixo e Árdelle o Carro". Tamén renovarán os cargos directivos.
Asemblea de ACISA/CCA Ribadeo para o 22 de marzo
ACISA/CCA Ribadeo celebra asemblea xeral ordinaria o 22 de marzo na antiga Casa Sindical. A orde do día inclúe Exame e aprobación, si procede, das contas xerais de ingresos e gastos dos exercicios 2.008 e 2.009; informe de actividades realizadas e aprobación, si procede, do presuposto do ano 2.010; días de apertura do comercio en domingos e festivos; convocatoria de proceso electoral.
Desfile de perrucaría do IES Perdouro de Burela o domingo na Casa da Cultura
Despois de que o pasado 28 de febreiro, o desfile que organizaban as alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Perrucaría do IES PERDOURO, foro suspendido por mor do temporal Xynthia, a data agora elixida pasa a ser o domingo 14 de marzo. Terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.