Nota de prensa
ADEGA – A XUNTA APROBA MASACRES DE RAPOSOS FÓRA DA TEMPADA OFICIAL
Campionatos “sociais” de caza de raposo autorizados pola Xunta fóra dos períodos de veda
22 de febreiro de 2011. O noso país é un paraíso para os escopeteiros sen escrúpulos. Alén dos xa coñecidos “campionatos” de caza do raposo, que teñen en Galiza o seu último reduto estatal grazas a unha administración escandalosamente permisiva, cando non cómplice, co lobby da escopeta, hai que engadir agora competicións ilegais, como o recente “campionato social de caza do raposo” (sic) organizado polo Tecor “Terra Chá”. Este evento “social” tivo lugar o pasado día 11 de febreiro, 5 días despois de finalizar o periodo hábil de caza e portanto, ilegal, foi autorizado polos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Se a administración ambiental non respecta nin as súas propias normas, quen vai mirar pola nosa fauna?
A normativa é clara: a tempada de caza do raposo, segundo a orde de vedas 2010-2011, remata o 6 de febreiro. Pódese, excepcionalmente, solicitar a realización de “ganchos” en zonas concretas dos Tecores, pero só aprobaranse tras unha exhaustiva verificación por parte da Consellería de Medio Rural, das causas (xeralmente danos) polas que se solicitaron.
Outra cousa é solicitar un “campeonato social”?? de caza do raposo, ilegal fóra da tempada de caza, cuxo único obxectivo é matar o maior número de exemplares posíbel, sen tentar sequera camuflalo como unha actividade de regulación e que a administración o autorice! Precisamente este feito, a aprobación por parte da delegación de Medio Rural en Lugo deste “evento social” sinala ben ás claras cal é a política da actual Xunta a respeito da conservación da nosa fauna: a de deixar facer, deixar pasar, todo o que propoñan os cazadores máis cavernícolas.
ADEGA esixe á consellaría do Medio Rural que ao parecer xa abreu unha investigación, non só que impoña unha sanción exemplar aos infractores, senón que depure as súas propias responsabilidades neste vergoñento caso. Xa deixamos por imposíbel que na Orde de Vedas da tempada 2011-2011 a Xunta elimine a bárbara práctica dos “campionatos de caza”, que fai de Galiza o territorio con maior permisividade do estado, último reduto das prácticas cinexéticas máis irracionais e insustentábeis.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



