Lara Méndez entregou ó músico focense Arcadio Mon o CD “Sen seu Amor”, gravado pola Fundación TIC
– Este traballo discográfico, que recolle unha ducia de temas propios do músico focense, contou coa colaboración dos alumnos da Escola de Imaxe e Son nas tarefas de produción, promoción e distribución
– O disco co que o músico focense rende homenaxe ás terras do Masma e á lingua galega recolle unha ducia de composicións propias en galega e unha en castelán, dúas das cales están adicadas a Manuel María
– A Fundación TIC contribúe ó impulso da cultura musical na provincia co apoio técnico na realización de CD e videoclips; a colaboración na celebración de festivais musicais ou na promoción de novos talentos, coma a prestada a través do proxecto “Xoves con Arte”
A Vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, a mariñana Lara Méndez, estivo hoxe na Casa da Cultura de Foz para facer entrega do CD que leva por título “Sen seu amor” ó músico Arcadio Mon, no que tomaron parte activa os alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (EIS), que colaboraron nas tarefas de produción, así coma nas de promoción e distribución grazas ó acordo asinado entre a TIC e o músico mariñán.
Durante o acto de entrega, Méndez destacou o valor deste tipo de acordos que favorecen a promoción da cultura da provincia lucense, tanto a través das artes coma das novas tecnoloxías, ó tempo que supoñen unha oportunidade excepcional para o alumnado da EIS da facer prácticas co traballo real en diferentes campos do audiovisual, con vistas á súa futura inserción laboral.
Disco de dobre homenaxe
“Sen seu Amor” recolle unha ducia de temas propios en galego, máis un en castelán, cos que os intérprete rende unha dobre homenaxe: por unha banda, ás terras do Masma –especialmente ás do Concello do Valadouro-, e, por outra, á lingua galega. Con temas coma o que dá título ó CD, o tango “Sen seu Amor”, este músico focense pretender amosar que “o galego serve para facer calquera tipo de música”. Ademais, dúas das composicións presentes neste disco están adicadas a Manuel Murguía.
“Sen seu amor” é a primeira produción en solitario deste intérprete, que formou parte do trío musical Nueva Ola, co que gravou os dous traballos anteriores que xa ten no mercado.
A TIC cos músicos da provincia
A Fundación TIC presta a súa colaboración ós músicos da provincia co fin de difundir o traballo destes dentro e fóra de Lugo. Proba disto é a colección “Son Lugueses”, na que se inclúen, entre outros, traballos discográficos coma os das Bandas de Música de Vilalba e Sarria; o himno oficial do Arde Lvcvs da Cohors III Lucensium e o do grupo monfortino La Cuarta Pared. Profesionais e bolseiros da TIC tamén realizaron nos últimos anos varios vídeos musicais como “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez; “La búsqueda” e “New conclusions”, dos grupos ribadenses “Escala Dinker” e “Sun Face”, así como o do grupo de música tradicional do Incio “Arandela”. Igualmente vén ofrecendo apoio en varios festivais de música como o “Festival Solidario de Baganda”, celebrado no 2010 en Castro de Rei e o “Resurrection Fest 2011”, o “Hardcore Assault” e o da Canción do Landro, en Viveiro. Este último foi gravado por alumnos e bolseiros da TIC para a súa emisión en “V Televisión” e na TVG.
A estas colaboracións hai que engadir o proxecto Xoves con Arte, no que a TIC colaborou co Concello de Lugo na promoción de músicos noveis lucenses gravando un CD que recolle os traballos dos 33 grupos que tomaron parte na iniciativa.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



