O vindeiro venres 28 de novembro, ás 19.00 horas, terá lugar a inauguración dos actos conmemorativos do 75º aniversario da Fundación do Colexio Martínez Otero.
O acto contará coa presenza da Sra. Delegada Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Dna. María Gueimunde; O Sr. Alcalde do concello de Foz, D, Javier Jorge Castiñeira e o Presidente do Padroado da Fundación Martínez Otero, D. Antonio Rguez Basanta, vicario xeral da Diocese de Mondoñedo – Ferrol.
O Acto Inaugural está estruturado en tres partes:
1.- Descubrimento dun cartel conmemorativo na fachada principal do centro.
2.- Conferencia histórica a cargo de D. Antón Niñe Fernández, exalumno do centro e estudioso da historia local.
3.- Pinchos variados no comedor do centro e proxección de imaxes pertencentes ao arquivo gráfico do centro e a aportacións de particulares.