Mondoñedo 5-11-18. A Casa da Penela de Mondoñedo acollerá o vindeiro sábado 10 de novembro unha xornada de historia da localidade coa participación de diversos veciños e investigadoras da cidade onde se fará un percorrido polos últimos cen anos de vida da localidade con especial influencia nos movementos sociais, culturais e políticos que marcaron Mondoñedo ao longo deste período.
Segundo Xulio Rodríguez Leiras, un dos impulsores desta actividade organizada polo colectivo Memoria da Mariña”, “o noso obxectivo é achegar unha parte da historia de Mondoñedo particularmente esquecida que nos permitirá explicar diversas iniciativas que se levaron adiante no concello, situando as grades figuras da cidade como Leiras Pulpeiro, Lence Santar ou Cunqueiro no seu contexto e motivacións profundas e por suposto ligándoos aos grandes movementos da Galiza do momento ao que estiveron vinculados. Pero estas xornadas, son tamén un lembranza para os esquecidos, para aquelas persoas que se acadar o relevo ou destaque dos anteriores foron pezas chave para sacar adiante iniciativas culturais do relevo do xornal Galiza, das Irmandades da Fala, do asociacionismo agrario e operario ou tamén de actos lúdicos como os Maios”.
As xornadas arrancaran o sábado 10 de novembro ás 12:00 h cunha palestra do investigador mindoniense Xe Freire titulada “De república a república. Mondoñedo entre dous séculos” no que fará un percorrido pola vida da cidade no período que transcorre desde as décadas finais do século XIX até as primeiras dúas décadas do século XX. A viaxe histórica pola que nos guiara Freire arranca dos tempos da I Restauración, repasando a práctica da quenda, a influencia na localidade de movementos como o carlismo e o republicanismo federal, ao que se vincularon persoas como Xan de Masma, Noriega Varela ou Leiras Pulpeiro, as Irmandades da Fala, da que fixeron parte entre outros Eduardo Lence Santar, Dodolino Trigo, Xosé Polo, Fernando Lorenzo ou Pernas Nieto e as iniciativas culturais que se articularon nas súas marxes.
A segunda das palestras que comezará as 13:00 horas co título de “Letras e república na “Galiza” mindoniense” correrá cargo do investigador e crítico literario Armando Requeixo. O relatorio de Requeixo xirará arredor do grupo de persoas que puxeron en marcha durante o período republicano a revista “Galiza”, publicación ligada ao núcleo galeguista da cidade e do que facían parte un grupo de mozos ligados ao Seminario de Estudos Galegos e ao Partido Galeguista. O profesor da USC achegaranos a figuras como o escritor Álvaro Cunqueiro, o debuxante Bernardino Vidarte, responsábel da parte gráfica da publicación e autor dunha importante obra artística, xuristas como Raimundo Aguiar ou Alexo Barxa e colaboradores como Otero Pedraio, Paco del Riego ou Víctor Casas. A este grupo deberáselle o impulso da Festa dos Maios na localidade ou a creación dunha temperá mocidade galeguista local á finais dos anos vinte.
A actividade fecharase cunha mesa redonda ás 17:00 horas na que participaran Daniel Río “Caxigueiro”, Xusto Fernández e Xulio Rodríguez que nos achegaran as súas vivencias dos tempos de finais do franquismo e do inicio da transición dando conta as primeiras iniciativas sociais, culturais e políticas de carácter democrático que xurdiron na cidade. A comisión organizadora, quere por último convidar a todos os veciños de Mondoñedo e da Mariña a participar destas xornadas que son abertas a todas as persoas interesadas. Neste sentido facemos un chamado particular a todas aquelas que dalgún xeito poidan achegar información sobre os temas que van ser obxecto de debate, for por realizar algunha pesquisa ao respecto sexa por ser protagonista dalgúns dos feitos que imos tratar, a fin de que nos acheguen o seu testemuño ao longo da xornada. Ao tempo queremos dar conta da celebración dun xantar de confraternidade, sendo preciso para poder participar nel inscribirse con anterioridade ao día 8 no telefone 683.14.87.57.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



