BARREIROS .- O portavoz de BNG no concello de Barreiros, Antonio Veiga, felicita “ao equipo de socorristas e a quen os dirixe porque durante todo o verán velaron e con éxito pola seguridade”. Veiga asegura que “queremos instar ao Concello a que cada ano faga máis esforzos nesta materia. Nos orzamentos deste 2008 pendentes de aprobación, un dos matices que facía intervención na análise dese borrador era que as previsións de gastos para este servizo son insuficientes. Imos esixirlle ao Concello que cumpra co seu traballo igual que os socorristas cumpriron co deles, e que non escatimen esforzos para este equipo”.
Nota de Prensa
O BNG DE BARREIROS FELICITA AO SERVIZO DE SOCORRISMO POLO TRABALLO REALIZADO NAS PRAIAS DURANTE ESTE VERÁN.
Barreiros, 12 de setembro de 2008. O BNG de Barreiros felicita un ano máis ao equipo de socorristas e <a quen os dirixe porque durante todo o verán velaron e con éxito pola seguridade dos bañistas>. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, lembra que <temos 8 kilómetros de praias en mar aberto con moitas bandeiras azuis e si eso non se complementa cun bó servizo de socorrismo que garanta a asistencia con total tranquilidade dos bañistas a estes areais pois de nada serviría. Por iso un ano máis felicitamos a eses trinta socorristas polo traballo realizado, un traballo que é difícil e tamén a quen durante máis de quince anos os está a dirixir con éxito que é Javier Díaz Novás>.
Veiga Outeiro di que <desde o BNG esixímoslle ao Concello que cada ano o compromiso sexa maior con este servizo, un dos poucos servizos que funcionan ben porque este equipo xa acordou tres alcaldes nos últimos anos e cada vez funciona mellor. Queremos instar ao Concello a que cada ano faiga máis esforzos nesta materia. Nos orzamentos deste 2008 pendentes de aprobación, un dos matices que facía intervención na análise dese borrador era que as previsións de gastos para este servizo son insuficientes. Imos esixirlle ao Concello que cumpra co seu traballo igual que os socorristas cumpriron co deles, e que non escatimen esforzos para este equipo>.
O voceiro do BNG considera que o de Barreiros é <o mellor servizo de socorrismo da costa de Lugo>.
Limpeza das praias
Antonio Veiga lamenta que <desde o 31 de agosto se suspendera a limpeza das praias porque nestes primeiros días se setembro ainda houbo xente nos nosos areais. É unha das cuestións que o Concello debe planificar de cara á vindeira campaña>.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



