Nota de Pensa
González Barcia califica ó alcalde de “irresponsable e sen personalidade”.
Considera “de ciencia ficción, que o alcalde vote o xoves para retirar o POL e vaia negociar o venres coa Xunta”.
O portavoz do PP afirma que “este é o custo que paga Burela por culpa do bipartito”.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, calificou hoxe de “absolutamente irresponsable, por usar un calificativo suave, ó alcalde, por asinar unha moción na que pide a retirada do Plano de Ordenación do Litoral (POL) que seguramente se aprobará mañán, xoves, cando pasado mañán, o venres, o propio alcalde se reúne coa Xunta en Santiago para buscar un punto de encontro sobre a aplicación do POL no noso concello”.
Barcia tamén afirmou que Nieves Cando “é a auténtica artífice desta moción, unha moción que busca unha vez máis o enfrontamento coa Xunta, xusto cando se busca un entendemento. Nieves Cando ainda non fixo a dixestión do resultado das eleccións de hai un ano, e non asume nin asumirá nunca que goberne o PP na Xunta de Galicia”.
O portavoz popular calificou ó bipartito burelés como “unha banda de desnortados e irresponsables políticos; o luns, houbo comisións informativas, e non presentaron a moción, porque actúan de forma cobarde; agardaron hasta onte martes, para presentala no rexistro. Pero o peor non é eso, o peor é que antes das comisións houbo unha reunión de membros da corporación co equipo redactor do PXOM e co técnico municipal, na que se nos explicou, eso sí, sen pedirnos opinión, o que se lle plantearía á Xunta o próximo venres. Nesa reunión estaban o alcade e Nieves Cando, e nada dixeron da moción que veñen de presentar”. Barcia considera que esta é a máis clara mostra de que os bipartitos son “impresentables e que o alcalde traga con presentar a moción para non crear un conflicto entre el e Nieves Cando, sabedor de que con quen vai crear un conflicto é coa Xunta, e que do que estamos a falar non é das súas liortas internas, senón de Burela con maiúsculas”. “Se queren presentar a mocion, puideron facelo hai tempo, ou ben presentala logo da reunion coa Xunta do vindeiro venres”, engadiu Barcia.
González Barcia pregúntase “qué o que quere negociar o alcalde o venres. Por ética e coherencia, debería pedirlle á Xunta nesa reunión que retire o POL, porque el vai votar mañán no pleno a favor da retirada do POL. E ademais debería ir solo, sin o equipo do PXOM e sin o técnico municipal, para non deixar en evidencia a quen está a traballar por buscar unificar posturas, algo que outros concellos, por certo, xa conseguiron ou están a piques de conseguir”.
O portavoz dos populares manifestou tamén que “agardo que os veciños se dean conta agora, realmente, de quen nos está a gobernar: un alcalde ó que xa non lle traga o buenismo, porque deso tampouco pode presumir, e unha tenente de alcalde que con tal de estar no machito fai o que sexa. Pretenden ser goberno pola mañan e oposicion pola tarde, e eso non pode ser. En definitiva, dúas persoas que por dignidade deberían dimitir de inmediato e irse para as súas casas”.
“Resulta chocante, indicou Barcia, que estes dous personaxes veñan agora defendendo os intereses dos veciños de Foxo cando foron capaces de falsificar datas e números de rexistros de saída de documentos oficiais para salvarse logo de que ocultaran información ós veciños que ían ser literalmente expropiados e expoliados. Por certo, miten cando din que o POL afecte mais ca os 500 metros”.
O portavoz popular indicou que “o PP traballa como considera que hai que facelo no asunto do POL e nada dixo, como tampouco nada dixo o PSOE. Quen fala e non fai nada, e por riba busca liortas coa Xunta ´´e xustamente o BNG. Non admitimos ningunha suxerencia do Bloque, porque nada teñen que esinarnos”.
González Barcia finalizou decindo que “está máis que demostrado que o alcalde é unha home sen personalidade, que se deixa mangonear, que nunca asume a súa responsabilidade e que o único que fai é crear problemas ademais de non facer nada”.
Ainda que o peor, para o portavoz popular, é que a imaxe de Burela queda mui tocada. Non se pode decir hoxe unha cousa e mañá a contraria. Tiñamos unha imaxe de xente e de concello serios, e con estes dous personaxes estamos quedando realmente á altura do betún. A partires de agora haberá moita xente que non nos crea nunca. Este é o precio que temos que pagar por culpa do bipartito.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



