RIBADEO (FNC) .- Este xoves, día 29 de abril, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, terá lugar unha nova edición do Festival de Danza da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo. Esta actuación enmárcase nos actos programados polo centro ribadense para conmemorar a celebración do Día Internacional da Danza. Unha oportunidade para que todas as alumnas que están matriculadas nesta disciplina podan amosar o traballo feito ao longo deste curso 2009/10. “Será un espectáculo no que se poderán comprobar as evolucións das alumnas matriculadas nunha das materias máis demandadas de todas cantas ofrece a EMMeD de Ribadeo”, sinalaron dende a dirección do centro.
Esta actividade será a primeira dunha serie de audicións e concertos que ten programados a EMMeD de Ribadeo durante o mes de maio. Por elas pasarán todas as alumnas e alumnos do centro, de todas e cada unha das disciplinas que alí se imparten. As audicións celebraranse de luns a venres, entre os días 3 e 7 e máis do 10 ao 14 de maio, nas dependencias da EMMeD de Ribadeo, na Casa do Mar. No caso do concerto do día 4 de maio, das alumnas e alumnos de Iniciación á Música, a actuación será no Auditorio Municipal Hernán Naval. Grupos de frauta, clarinete, percusión, guitarra, piano, oboe ou corda, entre outros, serán os encargados de ofrecer esta serie de concertos que xa forman parte da programación de actuacións do centro ribadense.
Con este tipo de concertos a dirección da EMMeD de Ribadeo “quere posibilitar que as alumnas e alumnos matriculados gocen da oportunidade de demostrar en público o traballo que estamos facendo ao longo de todo o ano”. “Para as nenas e nenos é un xeito de ir adentrándose na dinámica de actuar en público, perder o medo ao escenario e ao mesmo tempo aprender a preparar o repertorio, tanto individual coma en grupo, para ofrecer un concerto”. Todas as actuacións son gratis e abertas a todo o público que queira asistir ás mesmas.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



