XIXº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASI RÍTMICA
O pasado sábado 19 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XIXº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de 8 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba, Rábade e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, a E.X. Casino Club Náutico de Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta, cunhas 190 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.
O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse coa EXHIBICIÓN “O Bosque Sagrado de Lugo” a cargo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e o C. Violeta. Rematada a exhibición, comezou a competición propiamente dita.
Dentro dos resultados obtidos, salientar o segundo posto obtido polo conxunto cadete.
Rematou o Torneo coa entrega de trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.
Amáis dos trofeos, o Concello de Xove regaloulles a tódalas participantes unha bonita mochila de recordo do Torneo.