O luns, día 15 de abril, o instituto Perdouro de Burela comeza unhas actividades coas que celebra a temporada das Letras Galegas. Ás 17:10 horas, o patio do centro educativo transformarase en recinto festivo para acoller un acto que sintetizará palabra e música. Está previsto que o espectáculo comece coa interpretación dunha peza musical por parte de alumnos e alumnas de 4º de ESO. Seguidamente, as integrantes do grupo caboverdiano “Nos Bandeira” -rama xuvenil de Batuko Tabanka- interpretarán dúas pezas: unha de danza e outra do tradicional batuko do seu país. O prato forte da xornada chegará despois, coa actuación dunha artista convidada: a luguesa Evinha, que hai unhas semanas estivo impartindo no centro un obradoiro de Música. Esta moza que busca seguir os pasos da eurovisiva Lucía Pérez estará acompañada polo alumnado de 3º de ESO na interpretación de tres cancións. Este acto musical servirá de actividade práctica para o alumnado do ciclo medio de Electrónica, que se ocuparán da instalación e a atención dun equipo de son.



















Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



