Foz, 3 de setembro de 2015.- A oficina de turismo de Foz, que está no edificio do Cenima, atendeu a 8.747 persoas e a basílica de San Martiño recibiu 9.507 visitas durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano. A concelleira Maite López Rego cualificou estes resultados como excelentes, porque superan aos de veráns anteriores.
A edil de Turismo focense fixo este xoves unha valoración dos datos de visitantes ao municipio durante os pasados meses de xuño, xullo e agosto: “excelentes resultados os da asistencia de turistas a Foz neste verán de 2015, porque cos datos pechados a 31 de agosto visitaron a nosa oficina de turismo 8.747 persoas, case 600 máis que o ano pasado, que son moitas nos tempos que corren. Dende o equipo de goberno do Concello estamos totalmente satisfeitos con estes datos, que nos pasou a nosa técnica de turismo. Tamén hai que destacar que coa guía que hai na basílica de San Martiño incrementamos as visitas a ese monumento. Por poñer un dato de referencia: en xuño do 2013 visitaron a basílica 800 persoas e no mesmo mes do 2015 pasaron por ela 1.362 persoas. Co cal penso que calquera dos datos aportados son moi gratificantes para o Concello de Foz e en xeral para todo o pobo”.
Maite López tamén destacou que “acadamos un verán sen practicamente ningunha anomalía nin sustos importantes; foi bastante tranquilo neste sentido e estamos moi contentos cos resultados e esperamos seguir mellorando”.
A concelleira de Turismo fixo referencia ademais á asistencia de xente a Foz durante a última fin de semana de agosto con motivo da Festa Normanda: “penso que foi algo fóra normal, considerando que o 1 de setembro moita xente xa ten que estar reincorporada aos seus postos de traballo. O que se pretende con estes eventos é alargar o verán en Foz e creo que se conseguiu, porque logramos manter a xente no municipio ata o último día de agosto e iso é algo moi satisfactorio para todos”.
Pola oficina de turismo de Foz pasaron en xuño 399 visitantes, dos que o 90 por cento eran españois, na súa maior parte de Madrid, Asturias e Galicia; e o 10 por estranxeiros, sobre todo de Francia, Reino Unido e Bélxica. En xullo rexistráronse 1.706 visitantes, dos que o 93 por cento eran nacionais, maioritariamente de Madrid, Castela-León, Asturias, País Vasco e Cataluña; os estranxeiros na súa maior parte procedían de Francia, Portugal, Italia e Alemaña. En agosto houbo 6.642 visitas, das que o 96,6 foron de españois, sobre todo de Madrid, País Vasco, Castela-León, Galicia, Cataluña e Asturias; e os estranxeiros eran maioritariamente de Francia, Sudamérica (sobre todo Arxentina), Alemaña e Holanda.
Na basílica de San Martiño, segundo os datos recollidos na oficina de atención turística instalada na casa reitoral, houbo 1.362 visitantes en xuño, 2.756 en xullo e 5.389 en agosto.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



