CADERNOS DA VIAXE. Algúns xa dixemos que o acordo lácteo asinado en setembro en Madrid non era quén de amañar a desfeita no sector lácteo galego. Case tres meses despois segue a existir unha diferenza media de até 10 cts/litro entre o leite vendido en Galicia (26-28 cts/litro) e o prezo de venda medio no Estado. Calcúlase en 32-34 cts/litro o prezo mínimo para cobrir gastos.
Velaí, pois, como moitos dos axentes sociais do sector veñen de reproducir as súas mobilizacións, con algunha excepción que preferiu non secundalas, como a Organización de Produtores do Leite, que sobranceou nas mobilizacións de agosto e setembro. Porén, o seu coordinador estatal, Ano Escariz, afirma sen dúbidas que “Éste é un problema de país, tendo en conta a importancia social, económica e ambiental deste sector, que vertebra grande parte do noso medio rural. Deixar fundir o sector lácteo galego tería non só un grande impacto económico e social, senón tamén ambiental e demográfico, desertizando de vez amplas comarcas de Galicia.”
Nesta nova xeira, nas superficies comerciais, aproveitando a grande simpatía que as consumidoras galegas amosaron a repecto das reivindicacións do sector, o prezo de venda ao público medrou até 4 cts./litro, mais só en beneficio da industria láctea e do propio distribuidor. O produtor, causante teórico dunha suba aceptada polo consumidor responsábel, fica en último de contas á marxe dos seus gaños.
No ámbito da Administración galega, compre denunciar a absoluta tolerancia na actuación de primeiros compradores sen estrutura empresarial e produtiva, que se limitan a especular co leite en prexuizo do prezo recebido polo gandeiro (que ás veces baixa até 18 cts./litro). Esta actuación é claramente disturbatoria da libre concorrencia e como tal había ser reprimida. Mais aínda non lle escoitamos ren nin á Conselleira nin ao Presidente Feijóo a respecto desta cuestión.
Galicia é o único país entre os dez primeiros territorios lácteos da Europa que nos últimos cinco anos non coñeceu ningún proxecto investidor superior aos 20 M€, como nos deu a coñecer recentemente o profesor da USC Edelmiro López Iglesias. Expertos, produtores, cooperativas e axentes empresariais sinalan unáimemente ao desleixo da Xunta como principal responsábel.















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



