Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas entrañables do Nadal; celebración de ledicia e tamén de fondas nostalxias: a ledicia da volta ó fogar daqueles membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén polas fondas nostalxias da ausencia dos seres queridos que endexamais voltarán e deixaron as nosas vidas cun vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor dunha existencia tan fugaz…
A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada episodio vital, cada estado de ánimo ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor; todo, en fin se interpreta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas e entrañables. O tempo de Nadal, de fonda resoancia en toda a Humanidade, ten históricamente como expresión musical e poética o villancico, nome que procede do termo “vilano”, equivalente a “rústico” pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos se cultivaron nas capelas das Catedrais, polos XVII e XVIII, tempos do apoxeo dun xénero que tiña os precedentes nas festas populares de Nadal e na liturxia.. O vilancico foi moi cultivado en Galicia e aquí traspasou o ámbito puramente popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas,nadais, aninovos e reis. Os mais próximos a nós : Noriega,Crecente Vega,Iglesia Alvariño, Trapero, Díaz Jácome… cantaron tamén ó Nadal. Alvaro Cunqueiro tódolos anos escribía un vilancico para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, músico e barbeiro, O Pallarego,que lle poñía a música. “Como son moi pequeniña/ non che me deixaban vir/pero díxenlle á abuelita/ que me trouxera ata aquí./ Pensei traerche un regalo/ unha rosquilla ou un bolo/ pero aínda tiveron que traerme no colo… Medio kilo de xabón/ neste tempo de estraperlo/val como un ollo da cara/ i-a todos nos ven “al pelo”./ Pero non é para vosoutros/mal está en que eu o diga/ que é para San Xosé e o Neno/ e mais para a Virxe María.”
Suso Fernández
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



