Cervo, 11 de abril de 2016.- O salón de actos da Casa da Cultura de San Cibrao, estivo repleto de asistentes durante actividades musicais celebradas este luns dentro do programa promovido polos institutos de Secundaria Illa de Sarón, de Xove, e Marques de Sargadelos, de San Cibrao. Nesta iniciativa colaboran as concellerías de Cultura de Cervo e de Xove.
De 11 a 12 da mañá na Casa da Cultura desenvolveuse un obradoiro de percusión para o alumnado de 4º da ESO dos IES Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos. E a continuación tivo lugar un concerto didáctico de percusión a cargo da formación Omar Percussion Group para todo o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros IES Illa de Sarón, CEIP Pedro Caselles Rollán, IES Marqués de Sargadelos, CEIP de Cervo e CEIP Nº 1 de Cervo. Os actos contaron coa presenza da concelleira de Educación e Cultura en Cervo, Dolores García Caramés.
As actividades deste programa continuarán o día 28 deste mes, xoves, de 11:45 a 13 horas no Pavillón de Deportes de Xove, onde se conmemorará o Día Internacional da Danza con diversas actuacións.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



