Ribadeo, 12 de abril de 2016. Unha trintena de mulleres acudiron ao curso de autodefensa que organizaron a Concellaría de Igualdade e o CIM. As participantes valoraron a actividade de xeito moi positivo e solicitaron a realización de máis sesións.
Segundo explican desde o CIM “o pasado sábado, 9 de abril, desenvolveuse o curso de autodefensa para mulleres no que se contou coa participación de 31 mulleres de todas as idades, sendo máis da metade mozas de entre 14 e 26 anos”. O curso foi impartido por Crysti Tojo, cinturón negro 3º Dan de Karate, cinturón negro 1º Dan de Goshin, Directora do Departamento de Arbitraxe da Federación Galega de Karate, Directora do Clube Deportivo AvalonKai e por Mai Insua, psicóloga e terapeuta sexual e de parella especializada en xénero. “Ambas teñen ampla experiencia o cal se notou no ambiente creado e no bo clima de aprendizaxe que se xerou”, sinalan desde o CIM.
A Concellaría de Igualdade e o CIM indican que “a autodefensa é un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista. As estratexias de dominación, poden ser o corpo, a mirada, a definición, a intimidación e a agresión. É importante identificar as situacións de pre violencia, xa que unha vez iniciada a violencia física, entrase nunha inercia progresiva que dificulta as posibilidades de parala. Se a situación de violencia física comezou só podemos utilizar elementos de contención para poder eliminar o perigo. Polo tanto, o mellor é actuar antes de que o exercicio da violencia sexa físico”.
E engaden que “a finalidade deste curso consistía en saber responder ante calquera ataque e/ ou agresión física como recoñecer os indicadores de pre violencia para poder atallala, ton de voz, a negación da propia identidade a eliminar o noso nome (utilizando o pronome tú, nena, rubia, morena, etc.), postura, espazo vital, comunicación non verbal agresiva ou invasiva. Traballáronse tanto técnicas físicas como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais… revalorizando as ferramentas que posuímos a nivel individual e colectivo, potenciando as nosas propias claves de seguridade, colectivizando e resignificando as nosas experiencias”.
Desde o CIM subliñan que “as participantes valoraron o curso de xeito moi satisfactorio e incluso nos pediron que se realizaran máis sesións”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



