Lugo 18 de abril de 2017. O Deputado Provincial, Pablo Rivera, participou este martes na Coruña, xunto co Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, e a Vicepresidenta da Coruña, Goretti Sanmartín, na entrega dos premios do Concurso Correlingua 2017, que recoñeceu os mellores traballos escolares nas modalidades de “manifesto”, “vídeo” e “banda deseñada”. Trátase dun certame que forma parte dunha programación máis ampla que mobilizará no mes de maio a máis de 4.000 estudantes da provincia de Lugo e que conta cunha achega de 15.000 euros do Goberno provincial.
Rivera Capón destacou na súa intervención a necesidade de que “todas as administracións sigamos traballando e sumando esforzos para que a nosa lingua siga en pé. Sodes a nosa esperanza para que o galego perdure outras mil primaveras máis, como ben escribiu Cunqueiro”.
O Correlingua é un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia. Ademais do mencionado concurso, inclúe festas e unha gran carreira que se celebrará entre o 2 e o 16 de maio nas diferentes vilas. Nos Concellos da provincia xa se inscribiron ata o momento 43 centros e máis de 4.000 estudantes.
A carreira inaugural do Correlingua terá lugar en Monforte de Lemos, o 2 de maio, e conta xa con 8 centros da comarca inscritos e 450 alumnos participantes; o 4 de maio, será a quenda do Correlingua de Lugo, que rexistrou ata a data a inscrición de 17 centros e máis de 1.500 alumnos. E finalmente, o 9 de maio celebrarase o Correlingua en Viveiro, para o que hai apuntados 18 centros da mariña e máis de 2.000 rapaces e rapazas.
Centros premiados
O concurso Correlingua premiou nesta edición ao alumnado do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense, na modalidade de banda deseñada; o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal gañou na modalidade de vídeo; e o CPi Afonso VII de Caldas de Reis resultou premiado na categoría de manifesto.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



