Ribadeo 16 de Maio de 2017. Ao fio das últimas noticias sobre o peche de actividades dos apartamentos da Illa Pancha desexamos expor os seguintes datos para mellor coñecemento dos veciños:
1.- Por se alguén ainda non se enterou o noso grupo ven denunciado unha riola de irregularidades na tramitación deste expediente dende hai cáseque dous anos.
2.- A primeira resposta positiva foi o informe do Defensor del Pueblo, que o dia 16 de febreiro de 2017 confirmaba a utilización incorrecta da lexislación aplicable a este caso, a falla do preceptivo informe de afección á Rede Natura 2000 e o desdoblamento ilegal en dous expedientes (hotel e cafetería) que serviu de base para conceder a licencia de obra para o famoso hotel que se quedou en dous apartamentos. Lembremos tamén que o Defensor recomendaba a paralización das obras mentras non se tramitasen correctamente os puntos devanditos.
3.- O Concello de Ribadeo non tomou en conta o informe do Defensor, cando debera suspender a licencia de obra e non tramitar a de actividade ao ser advertido das manifestas irregularidades detectadas. No canto de asumir a sua responsabilidade, legalmente indelegable, limitouse a consultar á Autoridade Portuaria o que tiña que facer e seguiu tramitando un expediente claramente ilegal dende o comezo.
4.- A Autoridade Portuaria non se da por aludida e deixa correr o tempo mentres o concello de Ribadeo se limita a queixarse e despois de dous anos descubre novas irregularidades e acaba suspendendo a licencia de apertura. Caese do seu peso que con un mínimo de sensibilidade social non se houbese chegado a esta situación.
5.- Debemos de insistir en que a concesión das licencias de obra e de apertura faltando informes preceptivos é unha práctica flagrantemente ilegal, poidendo incurrir en prevaricación no caso da segunda dado que o informe do Defensor xa era dabondo coñecido. Mesmo a duplicación do expediente debe correxirse de oficio retrotraendo os trámites ao momento anterior a este desdoblamento.
6.- Ademais dos puntos anteriors debemos lembrar outras irregularidades que xa foron notificadas ao Defensor e van traguer consecuencias:
a) Como xa temos anunciado repetidamente o contrato de concesión estipulaba unhas parcelas de 500 metros cadrados cando en realidade a concesión é dos 3400 da totalidade da illa, de tal xeito que esta concesión “directa” é nula de pleno dereito ao superar os 2500 metros cadrados que exixe o artigo 86,c de lei de portos.
b) Non existe memoria económica de viabilidade que exixe a mesma lei, pero en caso de haber algún documento deste tipo inclue unha cafetaría que non existe.
c) Non se respecta o acceso libre á zona de servidumbre de tránsito que exixe o art. 27 ap 1 da lei de Costas.
En resumen entendemos que o Concello de Ribadeo ten a responsabilidade de crarexar estes pontos e non delegar noutros organismos, e consecuentemente suspender as licencias de obra e actividade namentras non se tramite a totalidade do expediente con arreglo a dereito.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



