Mondoñedo, 12 de maio de 2017.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca unha nova edición dos premios de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome para novos creadores.
En concreto, o Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro chega a súa sexta edición tras nacer coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores. Pola súa banda, o XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores ten o afán de estimular a creación poética entre os mozos e mozas.
O prazo de admisión das obras en lingua galega para os dous concursos remata o 4 de setembro, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou unha data anterior. Débense enviar ao enderezo do Concello (Concello de Mondoñedo; Praza do Concello, 1, 27740 Mondoñedo-Lugo); coas indicacións de VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro ou XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
Bases VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro
O VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro réxese polas seguintes bases:
-Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.
-Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado.
-As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.
-Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.
-Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e título. En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso.
Bases XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome
O XVIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores réxese polas seguintes bases:
-Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.
-Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ao fallo do Xurado.
-As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor.
-Deberán presentarse catro orixinais en tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.
-Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título. En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.
Entrega de premios
No VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro o xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do Concello con voz e sen voto que actuará como secretario, fará pública a súa deliberación a comezos de outubro de 2017. Así, a decisión do xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono.
No caso do premio Díaz Jácome, o xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e fará pública a súa deliberación no mes de novembro de 2017. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro.
Os dous concursos de poesía contan de tres premios cada un: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 600 euros e un terceiro premio de 300 euros. Os galardoados recibirán tamén unha placa e diploma.
Os orixinais que obteñan premio nos dous concursos pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores ou no Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
Os premiados serán invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



