Viveiro 18-5-17. A próxima semana comezarán as obras recollidas no proxecto de “Reposición de firme en los caminos de acceso a la playa de Area en la parroquia de Faro-Viveiro”.
Os camiños que dan acceso á praia de Area posúen un firme envellecido polo tráfico que soportan e pola entrada de augas pluviais na plataforma do camiño, o que provoca arrastres importantes de material do firme.
O estado que presente a capa de rodadura fai que o seu comportamento, fronte aos esforzos aos que é sometida, non sexa o máis apropiado para os fins que lle son encomendados.
A actuación que se vai acometer consiste no acondicionamento da superestrutura dos camiños denominados Camiño dos Corgos 1 e Camiño Praia Arnela, co fin de facilitar a circulación rodada dos mesmos.
Realizaráse unha mellora no firme de ambos camiños, mellorando a capa de rodadura mediante aplicación de aglomerado en quente de 6 cm de espesor medio; ademais, faráse a limpeza de cunetas e as obras de barrido e limpeza previos do vial.
O proxecto conta cun presuposto de contrata de 40.721,15 euros e será financiado pola Deputación Provincial de Lugo grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas administracións.