Burela 18-5-17.Trala reforma efectuada polo Concello de Burela na Avda. Arcadio Padiñas, enmarcada nos proxectos de señalización horizontal vial, así como o anuncio de peatonalización dun tramo da rúa Eijo Garay, invitamos a veciños, comerciantes, asociacións e a todas aquelas persoas interesadas, á reunión que se levará a cabo este xoves, 18 de maio, ás 21:00 na antiga biblioteca de Burela (Rúa do Correo). Expoñerase a problemática que este proxecto supón para cidadáns e comerciantes da localidade, así como o impacto económico que vai provocar a proxección do plan vial do que aínda se descoñece o seu auténtico alcance.
Xuntanza este xoves 18 dos afectados polo plan único avda. Arcadio Pardiñas de Burela