A Mariña, 31 de agosto de 2017. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña demándalle ao delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, que se de verdade ten interese en que todo o mundo aporte e en que o proceso de modificación da lei da saúde sexa participativo, que convoque unha asemblea aberta a veciñas e veciños e persoal sanitario. “O resto que están facendo son meros paripés para tratar de adornar unha modificación que pretendían meter pola porta de atrás, en pleno mes de agosto; pero que recuaron vendo a resposta social”, afirman.
Desde a Plataforma insisten en que “é unha falta de respecto vir onte ao Hospital, cando estaba prevista unha concentración convocada pola xunta de persoal, e non dignarse a falar co persoal.”
“Vemos como o señor Balseiro toma boa nota do seu xefe e, calquera día, comparece nunha pantalla de plasma”, ironizan.
Pídenlle, ademais, que deixe de mentir e que se informe ou fale coas persoas usuarias ou co persoal da sanidade pública na Mariña para ver que todo o que di é rotundamente falso e que os datos avalan o fracaso do modelo iniciado polo Partido Popular coa creación da EOXI no ano 2010 e que pretenden consolidar con esta nova reforma.
As modificacións non son administrativas, consolidan a dependencia absoluta do HULA.
Este anteproxecto inclúe unha serie de modificacións sobre a citada lei de moito calado e con moita relevancia para o sistema sanitario galego: en termos de participación, de organización do mapa sanitario e os seus recursos, de formación, investigación e outras áreas.
“O novo modelo de xestión sanitaria promovido pola Xunta de Galicia responde ao esquema centralista e privatizador do Partido Popular. Así, segue reforzándose tamén por esta vía o papel das capitais de provincia en detrimento das comarcas, rompendo a lóxica de achegar os servizos ás persoas usuarias e apostando polo modelo centralizador que cada vez está máis cuestionado”
Pero ademais do despropósito da centralización existe unha mudanza da propia esencia da asistencia sanitaria: a lexislación vixente entende que a prestación sanitaria debe desenvolverse “tendo en conta as necesidades da cidadanía”. Pois ben, no novo texto a asistencia pasa a realizarse “en función dos recursos existentes”; polo tanto a partir de agora a calidade do servizo será en función dos orzamentos que decida o propio PP.
A experiencia EOXI: o fracaso anunciado da nova área HULA
En 2013, o SERGAS -“vía decreto e sen atender a razóns”- crea a EOXI de Cervo, Monforte e Lugo. “EOXI significa Estructura organizativa de Xestión integrada, mais de xestión nada e de organización menos aínda: 22 directivos para xestionar os recursos que se organizan desde Lugo.
Desde aquela, houbo 3 xerentes de EOXI. Un cuarto que tivo a dignidade de dimitir tras ter asegurado previamente que nunca se perdería a autonomía na xestión da Área e os outros seguen atornillados en distintos postos directivos do SERGAS. Esto amosa como, de feito, durante estes 3 anos, nin o propio SERGAS foi quen de atopar quen aturase o papelón de ser xerente dunha Área afogada e baleira de contido. Buscan agora a alguén que acepte a Xefatura de distrito (será así como lle chamen a nova dirección do centro), que terá que ser alguén que cale diante desta perda de autonomía.”
Igualmente, desde a Plataforma sosteñen que “este experimento da EOXI que agora dá un paso adiante vulnera outro aspecto dunha norma superior de Saúde Pública (Lei 33/2011, de 4 de outubro) que no seu artigo Artigo 3. Dos principios xerais de acción en saúde pública, e) establece un Principio de avaliación. As actuacións de saúde pública deben avaliarse no seu funcionamento e resultados, cunha periodicidade acorde ao carácter da acción.” Pois ben, explican, “o SERGAS non aporta memoria econónómica ou de xestión que xustifique as EOXI nin que explique o decreto de supresión das Áreas.”
O investido pola Estrutura de Xestión na Mariña e moi cativo”, aseguran, “e está agochado nas contas de toda a nova area HULA (EOXI até agora), xa que logo non existen dados por centro. Unha ferramenta contable que permite ao sistema EOXI-HULA distraer os cartos que tanta falla fan na Mariña”, conclúen.





















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



