Ribadeo, 25 de outubro de 2017. Este xoves, os afiliados da Comarca da Mariña elixiron Coordinador Comarcal, o elixido por unanimidade foi Damián Sánchez Bermúdez, natural de Foz. Damián é enxeñeiro de profesión e traballa na localidade de Ribadeo.
Ó acto, en representación da Executiva Nacional de CxG asistiron:
Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG e tamén mariñao.
Orlando Villamayor, Secretario Nacional de Organización.
Luís Rubal García, Secretario Nacional de Comunicación e Responsable de CxG en Burela.
De este xeito CxG da un paso importante en esta Comarca, na que ten constituídas as agrupacións de Burela e Cervo, precisamente a importancia da Mariña na estrutura nacional de CxG vese reforzada en que José Luís Moñita é o responsable de CxG no Parlamento Europeo. A día de hoxe Compromiso por Galicia ten organización en: Ourol(con concelleiros), Cervo, Burela, Foz, Lourenzá e Barreiros.
Piñeiro Docampo, sinalou na súa intervención a necesidade dun marco eléctrico estable para Alcoa xunto coa necesidade de que esta multinacional cotice na Provincia de Lugo. Tamén considera necesario avanzar no coredor de Barreiros a San Ciprián e potenciar as industrias de transformación tanto do peixe como da madeira.
Damián Sánchez, marcou como obxectivo ter candidaturas, ademais das xa sinaladas en: Ribadeo, Mondoñedo, Xove, Valadouro e Viveiro. Co obxectivo claro de que CxG teña representación na Deputación de Lugo, que a todas luces pasou unha fonda crise política e onde o PSOE está a facer unha política calcada á época de Cacharro.
En breve CxG contará con unha Sede Comarcal onde poderá atender os veciños da que ten que ser unha comarca referente en Galicia.




















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



