18 de Octubre de 2017. Sr. Alcalde de Ribadeo:
Según temos comprobado, na páxina facebook do aloxamento da Illa Pancha anúnciase que a instalación hosteleira está aberta ao público dende o 12 de setembro. Dado que non temos coñecemento da situación actual dos trámites administrativos para a concesión da licenza de apertura agradeceríamoslle que nos informase dos pontos seguintes:
1.- Se as obras pendentes esixidas polo concello foron realizadas, e posteriormente supervisadas polos servizos técnicos do concello.
2.- Se os servizos técnicos informaron favorablemente as devanditas obras ou reformas.
3.- Se o acceso libre dos veciños e visitantes, repetidamente anunciado por vostede como condición para conceder a licenza de apetura, foi autorizado formalmente e por escrito pola Autoridade Portuaria e neste caso solicitamos que se faga público o documento correspondente.
4.- Se foi concedida a licenza de apertura e levantado o precinto dos apartamentos devanditos por cumplirse tódolos requisitos esixidos polo Concello e concretamente desexaríamos coñecer a data e o documento da licenza.
5.- Se en caso de que non fose concedida a licenza de apertura é vostede coñecedor da publicidade da empresa promotora que, dende hai mais dun mes, ven anunciando que os apartamentos están abertos ao público.
6.- Anque non tivemos resposta en anteriores inqueritos, e precisamente por eso, vémonos na obriga de preguntarlle de novo qué medidas vai tomar en relación co informe do Defensor del Pueblo de 22 de agosto, que ratifica o anterior do 16 de febreiro de 2017, no que daba conta, entre outras irregularidades, da falla de informe de non afección a un espazo protexido pola Rede Natura 2000.
COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



