A Mariña 6-12-17. A Plataforma Sanitaria confirma que os próximos actos a desenvolver polo colectivo no mes de decembro consistirán , entre outros, nunha caravana de coches que co nome xenérico de CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA percorrerá A Mariña en tres etapas, comezando o vindeiro sábado 9 de decembro.
Cada etapa desenvolverase simultáneamente en tres itinerarios , occidental, oriental e central, de xeito que se percorrerá a comarca ao completo.
A etapa deste vindeiro sábado 9 de decembro, ten como itinerario oriental Ribadeo-Barreiros, a ruta central será Trabada-Lourenzá- Mondoñedo e o occidental Viveiro- Xove, con saída ás 11 da mañá.
O itinerario Ribadeo – Barreiros sairá da Praza do Mercado de Ribadeo e remata no Centro de Saúde de Barreiros. Á mesma hora sae o itinerario central dende a Praza do Concello de Trabada, pasará por Lourenzá e desde aquí se dirixe cara ao Centro de Saúde de Mondoñedo, donde remata.Da parte occidental da Mariña , tamén ás 11 horas, sae o terceiro itinerario dende o Pavillón de Deportes Municipal de Viveiro para chegar ao Centro de Saúde de Xove.
Da segunda e terceira etapas a celebrar só trascenderon as rutas , que serán Barreiros- Foz, Mondoñedo- Valadouro e Xove-San Cibrao o sábado 16 de decembro , sendo as saídas do sábado 23 respectivamente Foz, Valadouro, e San Cibrao para rematar todas diante do Hospital da Costa.
Desde a Plataforma Sanitaria animamos a todas e todos @s veciñ@s da comarca a participar neste acto reivindicativo na defensa da sanidade pública que solicita ao Goberno da Xunta de Galicia a retirada do Anteproxecto de modificación da lei 8/ 2008 de Saúde de Galicia que conducirá á desaparición da Área Sanitaria da Mariña. As consecuencias da eliminación da Área Sanitaria serán devastadoras para a comarca, pois aumentarán ainda máis as derivacións a Lugo de xeito obrigatorio, non como ahora que é voluntario baixo “advertencias” de ir ao final das listas de agarda. Estes deplazamentos corren ao cargo do paciente ou familiares que a maiores teñen que percorrer 100 quilómetros por unhas estradas obsoletas , motivos máis que suficientes para que se manteña a área sanitaria, do mesmo xeito que se mantén a de Ferrolterra. Con esta CARAVANA POLA SANIDADE PÚBLICA aunaremos dúas reivindicacións moi necesarias e case históricas da comarca, o mantemento da Area Sanitaria da Mariña e a construcción do máis que necesario Corredor Barreiros-San Cibrao -sinalan desde a Plataforma Sanitaria



















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



