A Mariña 10-12-17. Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade presentamos a Axenda Feminista 2018 que xa vai pola súa oitava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala.
En edicións anteriores a Axenda Feminista escolleu como protagonistas a galegas dedicadas á música, á escrita, ao teatro, á poesía, á ciencia e ás labregas en leiras de mar e de terra. N0 2018 a temática da Axenda Feminista céntrase no ámbito do activismo.
A Axenda Feminista 2018 leva por título Activistas galegas e con ela este ano, no que o OMI cumpre o seu décimo aniversario, queremos visibilizar o activismo realizado por mulleres. Lendo as súas páxinas poderemos entrever cales son as reivindicacións obxecto de preocupación das mulleres.
Faremos tres presentacións nas seguintes datas e lugares, nas que contaremos coa presenza das protagonistas:
o venres 15 de decembro, ás 19,00 h na libraría Porta da Vila en Viveiro. Contaremos este día coa presenza de Laura Bugalho, Isabel Vilalba, Antonina Semedo e Susana Riveira.
o sábado 16 de decembro ás 12,00 h na libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela. Ese día estarán con nós Laura Bugalho, Paz Filgueira, Antonina Semedo, Marisela González e Iria Villar.
O martes 19 de decembro ás 20,30 h na libraría Bahía de Foz. Contaremos coa presenza de Isabel Vilalba, Antonina Semedo e Susana Riveira.
A Axenda Feminista 2018 mantén o formato do ano anterior: tamaño A5, tapa branda, goma para pechala e unha cinta para marcar a páxina desexada. O deseño das tapas correu a cargo da deseñadora Abi Castillo.
O prezo da axenda son 14 euros (ás persoas socias o Observatorio financiaralles unha parte, quedando a axenda a un prezo reducido de 12 euros) e poderase atopar nos seguintes puntos de venta:
Ribadeo: Libraría Casa das Letras.
Foz: Libraría Bahía.
Burela: Libraría Espacio Lector Nobel.
Viveiro: Libraría Porta da Vila.
Vilalba: Libraría O mundo de Suevia.
Lugo: Libraría Trama.
Sarria: EcoEspazoVitriol.
Santiago de Compostela: Libraría de mulleres Lila de Lilith.
A Coruña: Livraria Suévia.
Arzúa: Papelería Cartafol.
Vigo: Libraría Andel.
Allariz: Aira das letras.
Pontevedra: Libraría Paz.





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



