Vigo 5-12-17. Para mais, Galicia quedou fora das rotas europeas de mercancias por decisións políticas, tema que no futuro terá tamén fondas consecuencias para a nosa economia.
As negociacións futuras sobre o Brexit teñen que ter como un dos puntos fortes a pesca. Recentemente temos visto como non se chegou a un acordo para a renovación de licencias pesqueiras nas augas da Guiné-Bissau, situación que pode ter unha repetición no futuro coa non renovación noutros importantes caladoiros para a nosa frota.
O secretario xeral de CxG, Piñeiro Docampo, di que levará este tema a Bruxelas a través da eurodeputada dos galeguistas na cámara Izaskun Bilbao.
Indica que neste campo, non se ten avanzado nada nos últimos tempos, sendo nula a acción política sobre este tema por parte dos actores implicados: Xunta, estado central e europarlamentarios como Pepe Blanco ou Francisco Millán Mon.
Esta situación pode levar nun futuro a unha grave situación no país, ante a falla de alternativas reais pola perda destes caladoiros e a inexistencia dun proxecto que relance aos portos de Vigo, Coruña e Ferrol como uns dos mais importantes do noroeste penínsular, xa que a estratexia lanzada de “portos azuis” é cativa para a potencialidade dos nosos portos ainda que estamos a ollar o claro retroceso dos mesmos nos últimos anos a favor de Leixões, que si está incluido na rede europea de transportes de mercadorias.
Diante desta situación o partido dos galeguistas pide a colaboración entre as administracións implicadas e un acordo de País para defender este piar da economia.
Os galeguistas propoñen un acordo de País, xa que os resultados do Brexit, tamén afectaran a mais portos como os de Celeiro, Burela, Marin ou Vilargacia de Arousa, moitos deles chaves nas economias de moitas comarcas e que afectará postos de traballo e moitas economias familiares.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



