Ribadeo, 21 de marzo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidirá esta tarde unha xornada informativa dirixida a empresarios e comerciantes de Ribadeo e da súa contorna, na que técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria tasladarán as axudas e servizos cos que conta a Administración autonómica para apoiar o seu traballo.
O encontro, organizado en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo (ACISA) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), tratará de sistematizar as distintas liñas existentes tanto no ámbito do asesoramento como do financiamento, así como as axudas específicas para emprender.
Así, para o sector do comercio, a Xunta vén de poñer en marcha este ano diferentes programas de axudas, que suman preto de 4,5 millóns de euros, entre os que destacan apoios por máis de 3,1 millóns para dixitalización e modernización das empresas comerciais e artesanais; unha liña dedicada á expansión comercial e novas fórmulas de comercialización, cun orzamento dun millón de euros; e unha iniciativa dotada con 255.000 euros para fomentar a comercialización da artesanía e o impulso da actividade do sector.
A xornada abordará igualmente as axudas dirixidas a autónomos e os apoios e incentivos para a contratación, ademais de explicar a liña de apoios dirixida ás empresas con interese en formar aos seus traballadores. O obxectivo de todos estes programas é estimular a creación de emprego, dinamizar a economía da comarca e fixar poboación.
A explicación inclúe tamén, a nova liña de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) para apoiar proxectos relacionados coa Industria 4.0. e as convocatorias de Galicia Emprende e Galicia Emprende no rural, ademais da liña de préstamos bonificados promovida polo Igape, para emprendedores.
Para rematar, Balseiro fará especial fincapé nas vantaxes que aporta a nova Lei de implantación empresarial para o desenvolvemento de iniciativas empresariais e industriais en Galicia. Así, as compañías interesadas en implantarse na Comunidade contarán cunha maior simplificación administrativa, máis facilidades no acceso ao solo industrial e máis incentivos fiscais, grazas á colaboración dos Concellos Emprendedores.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



