O responsable do departamento de Arqueoloxía e Historia do MPLugo, Enrique Alcorta, impartirá unha conferencia baixo o título “De paseo pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo”, que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro, o xoves, 22 de marzo, ás 10:00h. Este relatorio forma parte das actividades complementarias da exposición “Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo I”, mostra producida e cedida en préstamo temporal polo MPLugo e que se pode visitar no Castelo de Castro de Ouro (Alfoz) desde o 3 de marzo ata o 1 de abril de 2018.
Conferencia de Enrique Alcorta en Alfoz
Conferencia de Enrique Alcorta en Alfoz
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido