A Mariña 18-3-18. Representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e numerosas veciñas e vecinos da Comarca acudirán o vindeiro martes día 20 de Marzo a Compostela ao debate parlamentario no que se tratará no primeiro punto da orde do día a reforma da lei de saúde de Galicia. Divers@s integrantes da Plataforma entrarán ao hemiciclo para escoitar o debate , mentres que o resto de asistentes estará concentrado nas inmediacións do Parlamento, en apoio aos grupos políticos da oposición que defenden a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde de Galicia. A concentración está convocada por SOS Sanidade Pública, entidad que aglutina a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública .
A Plataforma sanitaria agradece a veciñas e vecinos da comarca a enorme esforzo e implicación nesta loita e critica o lavado de cara e de conciencia que fai o PP previo a mobilizacións ou a trámites parlamentarios.
A Plataforma Sanitaria desexa facer chegar a todas @s mariñás e mariñaos o seu agradecemento polo inmenso esforzó feito ate este momento .Foron meses do loita moi dura nos que a Comarca se implicou totalmente e foi quen de marcar feitos históricos coas masivas mobilizacións que tiveron lugar tanto na Mariña como en Compostela.”Conseguimos coa nosa loita molestar e incluso logramos que algún político do PP mariñán se avergoñara do que o seu partido está a facer coa sanidade pública na comarca, xa que hai moito tempo que deixou de facer declaracións e mesmo pasa pola comarca de refilón , sen que se note moito a súa presenza- manifestan desde a Plataforma.
Respecto ás declaración feitas polo xerente do Hula, Ramón Ares na radio en días pasados e en entrevistas na prensa escrita de hoxe , a Plataforma Sanitaria non se sorprende xa que este forma de actuar ven sendo habitual nel@s nos días previos ás nosas mobilizacións ou ,como neste caso ,previo á pretensión de aprobar unha reforma da lei de saúde que saben será lesiva para o páis e para a comarca, nun intento de limpar as súas conciencias .”Xa estamos afeit@s a estas publirreportaxes , entrevistas a páxina completa e dípticos que sen ningún tipo de pudor publican nos medios malgastando os cartos de tod@s nós en vez de investilos en necesidades apremiantes que ten a comarca e que lles importan ben pouco.Esto é un total lavado de cara e de conciencia, máis sen aportar nada concreto e respostando con evasivas a preguntas tan directas e claras como a ganancia de servizos, nas que bastaría cun si ou un non.Está claro que a Plataforma Sanitaría non minte cando afirma que non imos gañar ningún servizo novo nen se van ampliar os servizos que xa existen, salvo a área de consultas , que era moi necesaria- afirman responsables da Plataforma.
Respecto ás declaración feitas polo directivo do HULA nas que di que “non se deberá facer política coa sanidade” , a Plataforma amósase sorprendida de que informar á poboación do que vai significar esta reforma , mobilizarse por non estar de acordó e presentar reclamacións por agardar máis de un ano para certas probas lles pareza facer política e nembargantes facer unha modificación de calado dunha lei non sexa politizar .”Pode ser que falemos distintos idiomas e que reformar unha lei sexa facer encaixe de bolillos”- ironiza a coordinadora da Plataforma.
Sorprende tamén que de repente mude de novo a súa opinión sobre a necesidade da enfermeira de oncoloxía e volvan precisamente ahora a dicir que crearán esa praza e que non existe por falta de espazo. ”Agardamos que esto non sexa de novo outra tomadura de pelo @s veciñ@s, esta vez en boca dun xerente o cal sería ainda máis grave por ser o responsable directo de que a poboación reciba os servizos sanitarios axeitados,gratuitos ,de proximidade e de calidade”- conclúe o portavoz da Plataforma .





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



