Lugo, 26 de marzo de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular pide que o Goberno da Deputación de Lugo incremente a partida que se dirixe nos Orzamentos deste ano á conservación da rede viaria de titularidade do organismo lucense. A través dunha moción, que se debaterá no Pleno do vindeiro martes, os populares esixen o compromiso do executivo socialista para que se destine unha maior achega económica á conservación do conxunto da rede viaria provincial con cargo aos primeiros remanentes que se xeren do exercicio anterior e que non estean comprometidos, de modo que se incorporen ás contas de 2018.
En reiteradas ocasións os populares expuxeron que a conservación das estradas que vertebran o territorio lucense debe ser un dos acometidos primordiais da Deputación de Lugo e máis “cando moitas destas vías son o principal enlace de comunicación entre os núcleos pobacionais da provincia”. En concreto, dende o Grupo Popular precisan que traslada de novo á sesión plenaria unha demanda dos lucense que esixen unha maior sensibilidade por parte do organismo provincial para que as estradas reúnan as condicións axeitadas para a circulación dos vehículos.
Deste xeito, o PP pide ao Goberno socialista a mesma sensibilidade dende a responsabilidade que ocupa que a que “manifestou en reiteradas ocasións á hora de pedir o arranxo de estradas de titularidade doutras administracións públicas. En Pleno aprobáronse iniciativas nas que instábamos a outras institucións ao arranxo das vías da súa competencia, polo que consideramos que o compromiso debe ser o mesmo por parte da Deputación de Lugo, sendo necesario e imprescindible que a institución lucense reforce e incremente fondos e recursos para a conservación da rede viaria provincial”.
Outras peticións do PP
Os populares precisan que a Deputación de Lugo é a institución responsable de realizar os labores tanto de conservación ordinarias como de mantemento dos máis de 4.000 quilómetros da rede viaria provincial, a máis extensa de España. Así, dende o Grupo Provincial do Partido Popular “canalizamos de xeito continuado as solicitudes tanto de veciños como de asociacións e de entidades locais sobre a necesidade de que se desenvolvan en estradas provinciais, tanto actuacións de conservación e mantemento, como de mellora ou ampliación”.
O traballo promovido polo Grupo Popular, tal e como lembran dende o PP, supuxo un pulo determinante para que nesta lexislatura se aprobase, por unanimidade, o Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais 2017-2019, tras unha iniciativa rexistrada polos populares e cuxo plan finalmente se desenvolveu froito do consenso dos tres Grupos con representación na Deputación.
Deste xeito, unha vez acadado e posto en marcha dito plan, “que non consideramos suficiente, pero si unha base fundamental”,-precisan dende o PP-, “pedimos un maior esforzo inversor nos labores de conservación das estradas provinciais, un acometido prioritario na Deputación para garantir en condicións a circulación pola rede viaria da Deputación”.


















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



