Lourenzá, 21 de marzo de 2018.- O PP de Lourenzá amosa “a súa sorpresa” ante as declaracións emitidas pola rexedora local que, segundo afirman, “distan tanto da realidade que, como especialista que é nisto, o único que fai e mentir ou terxiversar a verdadeira realidade”. A este respecto, sinalan que “ isto non nos sorprende, pois é algo ao que estamos acostumados”. Por iso, engaden, “nós non nos imos poñer á altura desta señora ou de quen actúa de alcalde na sombra”. Con todo, si que consideran necesario realizar e aclarar cada unha das cuestións nas que a socialista “falta á verdade”.
En primeiro lugar, polo que se refire á non presentación de mocións, os populares advirten que en todos os Plenos presentan varios rogos de interese municipal e que respostan a demandas dos veciños. “Non presentamos moitas mocións porque cremos que entrar en debates estériles non supón ningún beneficio para Lourenzá. Trátase de facer unha oposición construtiva, de ser útiles e eficaces; nada máis”, remarcan.
En segundo lugar, a voceira do PP desminte publicamente que existise alguha crise interna durante o seu mandato. Proba delo, asegura, “é que gobernei durante máis de dous anos, cun equipo que xa estaba -como é lóxico- e ningún dos membros presentou ningunha renuncia, nin criticou a xestión que fixen mentres entiven na alcaldía. Ademais, parte deste equipo é o que segue na oposición”, remarca. Neste senso, cando a socialista di que “teño que varrer a miña casa, a miña resposta é moi clara: non só seguimos os mesmos, senón que estamos máis unidos ca nunca. Non sei se ela pode afirmar isto con tanta rotundidade como o poido facer eu”, defende.
“Nun exercicio de responsabilidade”
Sobre a asociación Amas de Casa, Emma Álvarez manifesta que presentou a súa dimisión “nun exercicio de responsabilidade e porque non lle podía adicar todo o tempo que precisa unha organización deste tipo. Cando non son capaz por cuestións varias, como poden ser persoais, non teño ningún problema en dar un paso atrás e deixar paso. Creo que non existe maior lealdade que isto. Por outra banda, non sei en cantas asociacións está a alcaldesa?. Esta é unha cuestión que ela mesma nos podería aclarar”, indica. Con todo, destaca que, mentras estivo na directiva, se fixeron os mesmos cursos que en anos anteriores e incluso se realizaron actos novos para conmemora os Días da Violencia de Xénero ou da Muller.
“Desfachatez da socialista”
Asemade, dende o PP tamén reproban “a desfachatez coa que actúa a socialista”, pois unha das comidas que a entidade local celebrou con motivo destes días, a rexedora “no só os copiou a idea, senón que nola reventou, porque na que organizou non cobrou o IVE”. De feito, aseguran, “non presentou factura”, como así o recoñeceu nun Pleno, a pregunta do Grupo do PP”.
“Máis dignidade política”
A este respecto, a popular quere aproveitar a ocasión para esixir “máis dignidade política ao goberno local”, e non obvie á oposición naqueles actos de especial interese para a veciñanza e de calado turístico ou de desenvolvemento económico para o municipio. “Cremos que temos que estar naquelas cuestións que si teñen un valor para os veciños e o municipio, porque o resto é unha falla de respecto aos laurentinos e, nisto, quero que lle quede claro á alcaldesa, nunca nos vai a atopar”, conclúe.




















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



