Foz, 4 de abril de 2018. O Concello de Foz está a realizar obras de mellora no viario da parroquia de Cangas que comunica a estrada LU-162, que é a que vai a Ferreira, coa N-642. O investimento ascende a 90.000 euros.
O concelleiro de Obras e Medio Rural, Pedro Fernández Manín, anuncia que “o Concello de Foz está a levar a cabo unha obra na parroquia de Cangas por un importe de 90.000 euros. Trátase do aglomerado en quente desde a LU-162, a estrada que vai de Ferreira a Cangas, ata Lamallada e o cruce coa Nacional, fronte á ITV”.
Pedro Fernández Manín explica que “estes cartos foran presupostados no ano pasado para construír unha senda peonil desde a estrada de Ferreira a Cangas ata Alemparte e quero agradecer os traballos que fixo a anterior directiva da antiga asociación de veciños de Cangas porque conseguiron a maior parte dos pasos, pero houbo tres señores cos que, nin eles nin por parte do Concello, non puidemos conseguir que nos deixaran pasar. Por conseguinte eses cartos, ao solicitalo agora a asociación de veciños nova, o que fixemos foi investilos na mesma parroquia pois xa estaban destinados para ela e necesitábase o reforzo dese asfalto nesta estrada”.
O edil de Obras e Medio Rural en Foz destaca que “a isto unimos outra obra que hai pouco tempo acabamos de rematar, que é o acceso a Ribela desde a estrada nacional, que tamén se fixo con aglomerado, na mesma parroquia. Ademais cambiouse a traída de augas, que foi un esforzo por parte deste Concello e sabemos que toda a zona quedou moi agradecida do traballo que se fixo”.
Fernández Manín engadiu: “quero pedirlles desculpas aos veciños de Cangas que circulan por esta estrada que estamos a mellorar agora, na que xa iniciamos a limpeza de cunetas e logo se vai facer o aglomerado, porque vai haber algún corte de tráfico posiblemente. Que saiban que non podemos levar todo seguido porque temos que facelo en partes para que poida permitirse a circulación. Pídolles desculpas se obstruímos algo o tráfico, que sexan comprensivos porque entendemos que é unha obra moi necesaria pois vértebra de Cangas a Nois xa que é unha das principais unións das dúas parroquias”.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



