Lugo, 5 de abril de 2018. Última semana para que os 67 Concellos da provincia de Lugo soliciten as axudas do Plan Único 2018, que o Goberno da Deputación dotou de 21 millóns de euros coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos máis de 300.000 veciños da provincia, e dentro aposta por unha Deputación coas persoas. Trátase dunha programación na que o Presidente decidiu incrementar os fondos en 1 millón de euros, en relación ao 2017.
Ata o martes día 10 de abril, os Concellos da provincia poden presentar a documentación para recibir, que se distribúen de xeito totalmente obxectivo, os fondos que lle corresponden a través desta programación. Son axudas que oscilan entre un máximo de 500.000 euros nos Concellos máis grandes da provincia (Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria) e 200.000 nos máis pequenos (Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela).
Nesta anualidade, o Goberno da Deputación ofrece aos Concellos un anticipo dos fondos do 50% co obxectivo de inxectar canto antes na provincia 10,5 millóns de euros.
A través do Plan Único 2018 conséguese que, cando menos, o 50% dos fondos que recibe cada Concello se destinen a novos investimentos, o que garante un mínimo de 10,5 millóns para obras de mellora ou dotación de servizos públicos nos municipios; poderanse destinar ata un total de 7 millóns de euros a políticas activas de emprego;
1,8 millóns para manter a atención profesional que, a día de hoxe, a Deputación presta a 1.800 maiores co Servizo a Domicilio a non dependentes; ata 3 millóns para o impulso do turismo, de actividades culturais e de eventos deportivos; así como ata un máximo de 176.000 euros para financiar os grupos de Protección Civil da Provincia, tendo en conta os recortes da Xunta aos 44 grupos que hai na provincia.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



