Viveiro 13-8-18. Ponse en coñecemento que debido á concentración de eventos das festas patronais que se celebran nestas datas (feira de artesanía, feira do libro, concertos de Los Secretos, disco móvil Mafer e fogos pirotécncicos) é necesario o corte da circulación segundo se detalla a continuación:
Os días 15 e 16 de agosto a partir das 20:00h. e hasta a finalización dos eventos, procederase ao corte da circulación dos vehículos procedentes da Praza de Lugo pola Travesía da Mariña ata a Porta de Carlos V.
Permitirase o acceso aos garaxes así como a saída dos vehículos que se encontren estacionados na zona.
Así mesmo, o día 16 dende as 00:00h. mentres teña lugar o lanzamento dos fogos pirotécnicos restrinxirase a circulación peonil e de vehículos dende a Cruz Vermella ata o colexio Lois Tobío