Foz, 14 de agosto de 2018. Este mércores pola tarde abre as súas portas na explanada portuaria Foz Market 2018. Nesta cita haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e concertos musicais. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.
En Foz Market haberá 12 food trucks con grande diversidade gastronómica. Haberá comida mexicana, peruana, asturiana, galega, xaponesa, etc… Do 15 ao 19 de agosto polas tardes haberá actividades infantís, organizadas pola empresa IG10. E todas as noites terán lugar actuacións musicais. Mañá, mércores, ás 22 horas actuará o grupo Gin Tonic. O xoves ás 21:00 horas Silvidos e Gemidos ofrecerá un concerto. O venres ás 22 horas a nota musical poñeraa o grupo Otus Scops. Xa o sábado haberá dobre cita musical: ás 21 horas concerto de Folkólicos e ás 23 horas de Skuld. E o domingo ás 22 horas actuación de Swing 21.
Foz Market acolle, un ano máis, o salón do automóbil no que estará presente o Grupo Breogán con todas as súas marcas: Toyota, Lexus e Kia.
E o sábado, 18 de agosto, organizado polo Concello haberá un acto de promoción do Entroido de Foz a partir das oito da tarde.
Desde a organización de Foz Market, desde o Concello e desde ACIA/CCA Foz animan “á xente a acudir a esta feira para disfrutar da gastronomía, das actividades para os máis pequenos, dos coche, dos concertos… en definitiva é unha cita para pasar unhas horas de ocio, de xeito gratuíto, no noso pobo”.