Foz 30-8-18. Desde hai xa seis anos, a arte converteuse nun evento sen o que non se entende o mes de decembro no Córgomo, un pobo de Vilamartín de Valdeorras. Córgomo Arte é o proxecto persoal de Manolo Conde e Victorino Núñez, un exemplo de proxecto de comunidade que integra a arte contemporánea nos ritmos vitais e culturais do rural. Porque aínda que ignorado polas políticas culturais, o rural tamén existe e gusta da arte. Córgomo Arte constitúe un acto de rebeldía contra o establecido, desborda ilusión e por vez primeira vai deixar a comarca de Valdeorras para tratar de tender pontes e estender o efecto contaxio á comarca da Mariña de Lugo. De feito o certame contou nesta última edición coa participación de artistas mariñanos coma Lu Vila, Cris Basanta, Martín Lestao ou Patricia Arellano.
Córgomo Arte é un proxecto que nace dunha necesidade, da de atopar un espazo de expresión para a arte, un lugar onde a liberdade creadora se atopase libre de ataduras, onde fose xenuina. O tema escollido para esta nova edición discorre nesta mesma liña de pensamento. “ABISMOS, ENTRE A SOMBRA E A ALMA” xurde dun verso dun poema de Pablo Neruda e dalgunha maneira expresa esa paixón irracional necesaria para a creación artística. Queremos avanzar na proposta presentada o ano pasado e continuar espindo a arte de artificios. Nesta convocatoria queremos convidarvos a reflexionar sobre o que somos como individuos, buscar esa verdade que reside no noso eu máis fondo, entre a sombra e a alma, oculta entre as moitas capas de apariencia coas que nos cubrimos ante a imposición do “que deberíamos ser”. A arte non é máis ca un producto desa diverxencia interna e queremos que neste certame a arte se presente como unha manifestación dese eu verdadeiro, unha revelación apaixoada do ser, a arte como verdade, como unha liberación irracional dos instintos.
Na mostra poderemos disfrutar das obras de:
Manuel Conde (Córgomo)
Victorino Núñez, “Torino” (Carballal de Petín)
Patricia Arellano (Burela)
Cristina Basanta (Viveiro) e Lu Vila (Barreiros)
Martín Lestao (Burela)
Patricia Fernández Paz (Chantada)























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



