Lugo, 30 de agosto de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou este martes dos primeiros resultados obtidos nos 6 primeiros meses de funcionamento da Axencia de Colocación da Deputación, un servizo público de inserción laboral gratuíto que o Goberno Provincial ofrece gratis a veciños e empresas da provincia de Lugo.
López Izquierdo destacou que “dende a Deputación atendemos a través da Axencia de Colocación máis de 6.700 solicitudes que se corresponden con 2.200 lucenses que ou ben estaban en paro ou buscaban mellorar a súa situación laboral, dos que se inseriron laboralmente máis de 150. Tendo en conta que este servizo gratuíto que puxemos en marcha este Goberno Provincial leva tan só 6 meses en funcionamento, a media de atención mensual é de 1.100 solicitudes”.
A Deputada explicou que, ademais destas persoas, atendeuse e ofreceuse asesoramento profesional a unhas 1.200 persoas de xeito presencial, nas instalacións habilitadas no Pazo de San Marcos; así a outras 900 que o fixeron de xeito telefónico.
“Trátase dun servizo onde profesionais -axentes de emprego do organismo provincial- atenden persoalmente e de xeito individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender, o que o converte nun servizo máis humano e próximo”.
Unir oferta e demanda
López Izquierdo explicou que ademais de ser máis próximo e humano é tamén máis fiable pois conta coa oferta da empresas e a demanda de emprego que existen na provincia, que o diferencia, deste xeito, doutras prestacións semellantes.
Oferta de Emprego: as empresas ou colectivos da provincia que necesiten traballadores poderán trasladar os perfís laborais que requiren ou que buscan para poder traballar ou mellorar o rendemento dos seus establecementos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación ofreceranlles candidatos (que serán veciños da provincia) que satisfagan as súas necesidades. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para verdadeiramente definir as súas necesidades e os perfís laborais que requiren.
Demanda de Emprego: Os veciños da provincia, desempregados ou non, poderán trasladar os seus currículos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación porannos en contactos con empresas e colectivos da provincia que busquen perfís laborais de acordo aos seus. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para axudarlles a atopar emprego. Por exemplo, un veciño desempregado maior de 50 anos, que sempre traballou no sector da construción e conta co graduado escolar. Neste hipotético caso, os axentes de emprego analizarían co mesmo todas e cada unha das súas potencialidades, dende que teña carné de conducir ata as súas aptitudes persoais, para propoñerlle que sexa candidato a postos de traballo para os que reúna as condicións e que poida desenvolver con éxito.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



