Cervo, 30 de agosto de 2018. O Concello de Cervo reabre a piscina olímpica de San Cibrao o vindeiro luns 3 de setembro en horario habitual de 9h a 22h de luns a venres de foma continuada e sábados de 10h a 14h e de 18h a 21h.
Durante o mes de agosto a zona de baño estivo pechada ao público para poder lear a cabo diversos traballos de acondicionamentos mecánicos de mantemento e vacacións do persoal, permanecendo aberto o ximnasio para os seus usuarios.
Como todos os anos, o Concello de Cervo non emitirá recibos aos seus socios durante este mes de agosto.
Para o edil de deportes, Jose Ramón Soto, “estas melloras realizadas, sen dúbida algunha, repercutirán no mellor servizo para todos os usuarios que cada ano aumentan considerablemente, posto que na actualidade xa se aproximan aos 800”.
Como ven sendo habitual, impartiranse cursos de Iniciación para bebés, Iniciación e Perfecionamento, Aquagim, Natación específica para recuperación de lesións, Preparación para probas e salvamento, Natación para embarazadas e Actividades lúdicas.
Para o alcalde Alfonso Villares “é importante apostar polo deporte e o mantemento dos servizos públicos, polo que desde o Concello de Cervo nos marcamos como un obxectivo prioritario o de fomentar a natación como forma de vida saudable e deportiva”.
Os cursos da piscina comezarán o vindeiro día 1 de outubro e a pre-inscrición pode levarse a cabo ata o día 20 de setembro.
As persoas interesadas en inscribirse en calquera actividade da piscina poden achegarse ás instalacións para obter máis información ou ben a través do teléfono 982 59 45 12.
Ademais, a piscina de Riocobo seguirá aberta a todo aquel que se queira achegar ata o vindeiro 15 de setembro.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



