Lourenzá 10-8-18. Na reunión da Xunta Directiva do GDR-1 Asociación Terras de Miranda mantida o pasado 7 de agosto de 2018 no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, trataronse entre outros temas a proposta de Resolución dos proxectos subvencionables na convocatoria 2018-2019 do programa Leader 2014-2020.
Proxectos produtivos subvencionables:
Aloxamento Rías Altas en Barreiros de Tamara Rubiños Varela por importe da axuda de 200.000€
Lugar das Marías*** Pensión de Aldea en Xove de Lucía Canoura Sánchez por importe da axuda de 120.982,16€
Carpintería Metálica en Aceiro Inoxidable en Barreiros de Noelia Pérez Cao por importe da axuda de 96.107,94€
Servizos de enxeñería de telecomunicación en Xove de IGTEL Servizos de Enxeñería, S.L.L por importe da axuda de 3.606,01€
Modernización Pan y Panadería S.L de Mondoñedo en Mondoñedo de Pan y Panadería de Mondoñedo, S.L por importe da axuda de 29.435,42€
Proxectos non produtivos de Entidades Privadas:
Creación de pista multideporte cuberta en Burela de Fillas do Divino Celo-Rogacionistas por importe da axuda de 65.385,31€
Cierre de recintos para promoción de actividades rehabilitadoras, de estimulación e de fomento da autonomía ao aire libre en Viveiro de ASPANANE por importe da axuda de 31.876,44€
Proxectos non produtivos de Entidades Públicas:
Construción de un Centro de novas tecnoloxías en Fórnea en Trabada do Concello de Trabada por importe da axuda de 38.659,50€
Restauración de bens culturais “Muiño Amandino” en Mondoñedo do Concello de Mondoñedo por importe da axuda de 52.531,87€
Plan de acondicionamento da antiga vivenda do director do colexio para centro de formación en Xove do Concello de Xove por importe da axuda de 47.310,63€
Proxecto de formación do GDR-1 Asociación Terras de Miranda
Curso de manipulador/aplicador de productos fitosanitarios nivel básico que desenrolará o GDR-1 por importe de 6.613,60€
En total nesta convocatoria 2018-2019 do programa Leader 2014-2020 fai un total de axudas de 692.508,87€ no territorio da Asociación Terras de Miranda, quedando unha lista de proxectos en reserva por un importe aproximado de 1.700.000€.






















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



